Publicada no DOG (31/05/2013) a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2013-2014
O prazo de solicitude será desde o 3 de xuño ata o 3 de xullo para o alumnado de primaria e de educación especial; do 25 de xuño ao 26 de xullo para o da ESO que formalice matrícula no prazo ordinario, e do 2 setembro ao 2 de outubro para os que fagan matrícula extraordinaria. Toda a información e as solicitudes pode atoparse no DOG e no portal educativo da Xunta de Galicia.