Skip to Content

HORARIO DO CENTRO

 

Para a atencións ás familias por parte do profesorado solicitarase cita previa  ben a través de abalarmóbil, nota a través do neno ou nena ou cubrindo o impreso.

O centro conta con servizos complementarios: O servizo de madrugadores, comedor escolar(servizo indirecto) e actividades extraescolares. Para as actividades extraescolares empréganse as seguintes instalacións: a planta baixa do edificio (ximnasio, espazo específico de comedor, aula de música e biblioteca, os espazos verdes e patios semicubertos do centro educativo da planta baixa. O acceso a estes servizos realízase polo portalón do patio de columnas (onde está o mural conmemorativo á figura de D. Ramón Cabanillas realizado polo pintor Leandro Lamas). Ademais a ANPA realiza algunhas actividades extraescolares en pavillóns da zona autorizados pola Concellería de deportes e benestar animal do Concello: O Restollal e Pontepedriña.



page | by Dr. Radut