Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025

Estimadas familias:

Segundo a Orde do 7 de maio de 2024, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para o material escolar.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 21/05/2024 ao 21/06/2024 ambos inclusive.

 

Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo .
  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

Documentación a presentar:

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
  • Resolución xudicial constitutiva  ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

Importante: para acceder ao fondo libros é necesario entregar no centro os libros do curso anterior en bo estado para que se lle poida facer entrega dos novos.

A dirección. 

AdxuntoTamaño
orde do 7 de maio de 2024.pdf1.3 MB
extracto da orde do 7 de maio de 2024.pdf360.08 KB
anexos.pdf3.49 MB


page | by Dr. Radut