Skip to Content

Novas

AGRADECEMENTO EXCURSIÓN 6º

Os pais/nais do alumnado de 6º que organizaron a excursión de fin de curso a Cabeza de Manzaneda queren agradecer a colaboración e implicación dos titores das dúas auas de sexto, a colaboración da ANPA e a do Centro. Queren recoñecer tamén ás familias o apoio ao proxecto e aos nenos/as o seu bo comportamento.

MATRÍCULA COMEDOR E MADRUGADORES

Apertura dos prazos de matrícula dos Servizos de Comedor e de Madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2017-2018

Prazo de matrícula: do 2 de xuño ata o 23 de xuño 2017 (ambos os dous incluídos)

Lugar: O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo), nos prazos establecidos.

Ficha de matrícula

Máis información

BOLSAS COMEDOR E AXUDAS MATERIAL E ACT. EXTRAESCOLARES

Publícanse as bases reguladoras e convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares  para o alumnado dos centros docentes públicos e privados de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2017/2018.

As solicitudes presentaranse, no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

PRAZO ATA O 15 DE XUÑO 

  Lugares de presentación: no Rexistro Xeral do Concello, rúa Presidente Salvador Allende, 2-4 ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural O Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo
 
Máis información e impresos

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º PRIMARIA

O martes 30 e o mércores 31 de maio realizarase a avaliación individualizada de 3º de primaria.

Circular da Consellería de Educación.

DÍA NON LECTIVO CURSO 2016/2017

O día 26 de maio de 2017 foi autorizado como non lectivo para o noso Centro pola Xefatura Territorial de Educación para o curso 2016/17.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Prazo: remata o 23 de xuño de 2017 (incluido)

ENLACE WEB CONSELLERÍA  coa Orde e impreso de solicitude (Anexo I)

PROGRAMA MUNICIPAL CONCILIACIÓN VERÁN 2017

Está aberto o prazo para a matrícula no programa municipal de conciliación para o verán 2017.Desenvolverase en instalacións dos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola.
Prazos de inscrición e matrícula: Do 15 de maio ao 29 de maio de 2017
Entregar a ficha de inscrición no Rexistro xeral ou auxiliar do Concello de Santiago.
FICHA DE INSCRICIÓN DATAS,HORARIOS E DOCUMENTACIÓN
ENLACE COA WEB DO CONCELLO
 

TRANSPORTE ESCOLAR

A partir do martes 18 de abril, despois de rematar as obras de asfaltado na Rúa da Estrada, volverán a normalizarse as rutas de transporte escolar. 

Lembramos que durante o mes de abril deben renovar a solicitude de uso do transporte para o próximo curso 2017/18

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2017/2018

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
E. INFANTIL 3 ANOS 50* 47
4 ANOS 0 0
5 ANOS 1 0

 

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
E. PRIMARIA 0 0
0 1
0 0
1 0
0 0
5 0

*Seis postos de infantil 3 anos están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae).

CALENDARIO 

 

31 DE XANEIRO

ÁS 19:00 CHARLA INFORMATIVA NO IES DE SAR PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º QUE SE VAN INCORPORAR A 1º ESO NESE CENTRO ADSCRITO

1 DE FEBREIRO

ÁS 18:30 CHARLA INFORMATIVA NO IES DE PONTEPEDRIÑA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º QUE SE VAN INCORPORAR A 1º ESO NESE CENTRO ADSCRITO

 1 A 15 DE FEBREIRO 

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AOS CENTROS ADSCRITOS (IES DE PONTEPEDRIÑA E IES DE SAR)     Deberase presentar no centro de orixe ou a través da aplicación admisionalumnado             (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A)    (SERÁ FACILITADO POLO CENTRO)                    

 

XOVES, 23 DE FEBREIRO ÁS 11 h NA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O. U. SORTEO PÚBLICO A EFECTOS DE DESEMPATE
ATA O 1 DE MARZO
PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES
 XOVES, 2 DE MARZO XORNADA DE PORTAS ABERTAS ÁS 18:00 PARA AS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO (MOSTRARANSE AS INSTALACIÓNS E INFORMARASE DO PROXECTO DE CENTRO)

1 A 20 DE MARZO

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN (XUNTO COA FOTOCOPIA COTEXADA DO LIBRO DE FAMILIA OU DNI DO ALUMNO/A)

NOTA: O 1 DE MARZO NON É DÍA LECTIVO

As solicitudes de admisión presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

A) Cubrindo os datos na aplicación e entregandoa no Centro co código xerado

B) Presentando a solicitude en Sede Electrónica desde a aplicación

Tamén se poderán presentar sen empregar a aplicación de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado (ED550B/Anexo II)

10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DOS DOUS DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. Os demáis documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro.

ATA O 25 DE ABRIL PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES)
ATA O 15 DE MAIO PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
DO 20 AO 30 DE XUÑO FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA
DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO

    Artigo 18. Cómputo de prazos

Para efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.

 

 

 

INSTRUCCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS

INSTRUCCIÓNS DA XEFATURA TERRITORIAL

ENLACE COA PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CO  DECRETO DE ADMISIÓN, A ORDE E OS DISTINTOS FORMULARIOS PARA ENTREGAR NOS CENTROS

DECRETO 254/2012 ADMISIÓN ALUMNADO

ORDE 12 MARZO 2013. PROCESO DE ADMISIÓN

ORDE (25/01/2017) POLA QUE SE MODIFICA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

ANEXO II. SOLICITUDE DE ADMISIÓN  

ZONA DE ESCOLARIZACIÓN DO CEIP RAMÓN CABANILLAS

CENTROS LIMÍTROFES

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

RELACIÓN DE RUTAS E PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

VACANTES ESCOLARES

CRITERIO COMPLEMENTARIO ADMISIÓN

INFORMACIÓN DO CRITERIO DA RENDA ANUAL

RESOLUCIÓN DO SORTEO PÚBLICO PARA O DESEMPATE NA PUNTUACIÓN FINAL

   


DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ENTREGARSE PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA (DO 20 AO 30 DE XUÑO)

 

  1. SOLICITUDE CUMPRIMENTADA (Anexo III)
  2. FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA (Matrimonio e do neno/a)
  3. FOTOCOPIA DE VACINAS ADMINISTRADAS.
  4. FOTOCOPIA DA TARXETA DA SEGURIDADE SOCIAL.
  5. FOTOCOPIA do DNI de nai e pai.
  6. 2 FOTOS CARNET
  7. XUSTIFICANTE USO DA IMAXE PERSOAL    
  8. OPCIÓN SOBRE RELIXIÓN     
  9. OPCIÓN PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA     
  10. AUTORIZACIÓN ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS     
  11. CUESTIONARIO LINGUA MATERNA en tres anos 

CONCILIACIÓN SEMANA SANTA

Ábrese o prazo de inscrición no Programa Municipal de conciliación familiar de Semana Santa 2017, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía, e permanecerá aberto ata o próximo martes 4 de abril.

As actividades desenvolveranse os días 10, 11, 12 e 17 de abril nos CEIP As Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola

A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou nos propios rexistros. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.

Impreso de matrícula

 

COMEDOR ESCOLAR

Servizo de comedor escolar no CEIP Ramón Cabanillas, acceso á nova publicada:

 

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

CANDIDATURAS ELIXIDAS

Representantes de pais/nais
Lorena Boga Veiras
Laura Grandío Rodríguez
Representantes do profesorado
Mª Teresa Castro Parga
Rosa Mª Vicente Álvarez
Josefa Vigo Lancho
Representante do persoal de administración e servizos
Mª Victoria Castrelo Paz

XORNADA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

EXPOSICIÓN

"Refuxiados no Camiño" de Gabriel Tizón. No Colexio temos aberta a exposición de fotografías realizadas nos campamentos de Idomeni (Turquía). Levaremos a cabo unha xornada de portas abertas ás familias o vindeiro martes, día 29, de 9 a 18:30 horas.

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN NADAL

Aberto ata o 2 de DECEMBRO o prazo de matrícula no Programa  Municipal de Conciliación para o Nadal 2016.

MAIS INFORMACIÓN

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 04 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

NOVAS

  • ESTÁ EXPOSTO NO CENTRO O CENSO DE PAIS/NAIS/TITORES/AS LEGAIS

 CANDIDATURAS ELIXIDAS

Representantes de pais/nais
Lorena Boga Veiras
Laura Grandío Rodríguez
Representantes do profesorado
Mª Teresa Castro Parga
Rosa Mª Vicente Álvarez
Josefa Vigo Lancho
Representante do persoal de administración e servizos
Mª Victoria Castrelo Paz

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS 18 DE OUTUBRO 17:30
4 ANOS 11 DE OUTUBRO 17:30
5 ANOS 11 DE OUTUBRO 17:30

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA/B 27 DE SETEMBRO 17:30
2ºA/B  6 DE OUTUBRO 17:30
3ºA/B 4 DE OUTUBRO 17:30
4ºA/B 4 DE OUTUBRO  17:30
5ºA/B 11 DE OUTUBRO 17:30
6ºA/B 18 DE OUTUBRO  17:30

   

SERVIZO DE COMEDOR

O Concello de Santiago de Compostela poñerá en marcha, o luns 12 de setembro, o servizo de comedores e madrugadores.

Máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut