Skip to Content

Novas

XORNADAS PAIS/NAIS

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

  • A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
  • PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Av. Fdez. Ladreda, 43).

CARTEL INFORMATIVO                        SOLICITUDE INSCRICIÓN

CHARLA PARA PAIS/NAIS

O martes, 14 de maio, ás 18:30 na biblioteca do Centro haberá unha charla sobre Integración Sensorial impartida pola Terapeuta Ocupacional Lucía Outeiral. Definida como a capacidade que posúe o SNC de interpretar e organizar a información captada polos sentidos, cando hai un desequilibrio sensorial poden xurdir problemas de integración social, atención, conducta, organización, movemento ou coordinación.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 18 prazas para participar no Campamento Deportivo de Verán, na quenda 4ª, do 21 ao 26 de xullo.
Poderán participar os rapaces e rapazas empadroados en Santiago e que teñan entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano 2019 (ambas idades incluídas).
O prazo de solicitude remata o 31 de maio.   Máis  información.

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN SEMANA SANTA

 As actividades desenvolveranse os días 15, 16, 17 e 22 de abril no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido  .O prazo de inscrición estará aberto dende o venres día 15 de marzo ata o venres 29 de marzo de 2019.

Máis información na web do Concello.

ACTIVIDADE CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

O Centro Dramático Galego organiza o ciclo Gran Teatro para os máis Pequenos no Salón Teatro de Santiago para este Nadal.

Máis información para reservas.

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN NADAL 2018

Aberto ata o venres 30 de novembro o prazo de matrícula no Programa  Municipal de Conciliación para o Nadal 2018.

MAIS INFORMACIÓN

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

NOVAS DO PROCESO ELECTORAL:

 CANDIDATURAS ELIXIDAS

Representantes de pais/nais:
Gara Araújo Fernández
Representantes do profesorado:
Mª José Rodríguez Ordóñez
Carmen Fernández Cacho

CAMPAÑA DE CRIBAXE VISUAL

Dende a Facultade de Óptica e Optometría, en colaboración co Espazo Veciñal de Sar, profesores da Área de Optometría xunto co grupo ESCULCA da USC, organizan unha campaña de cribaxe visual en nenas e nenos coa fin de detectar:

  • Problemas de visión en lonxe e preto
  • Problemas funcionais da visión que poidan afectar a aprendizaxe
  • Signos indicativos de patoloxía ocular

Máis información premendo na imaxe.

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS MARTES, 16 DE OUTUBRO 17:30
4 ANOS MARTES, 16 DE OUTUBRO 17:30
5 ANOS MARTES, 9 DE OUTUBRO 17:30

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA/B LUNS, 8 DE OUTUBRO
17:30
2ºA/B MARTES, 23 DE OUTUBRO 17:30
3ºA/B  MARTES, 2 DE OUTUBRO 17:30
4ºA/B MARTES, 2 DE OUTUBRO 17:30
5ºA/B MARTES, 25 DE SETEMBRO 17:30
6ºA/B  MARTES, 9 DE OUTUBRO  17:30

ACTIVIDADE DO CONCELLO

Enlace á web do Concello coa programación da Semana Europea da Mobilidade dirixida a nenos e nenas. Desde o 21 de setembro.

AXENDA ESCOLAR

Non merquen a axenda escolar para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria xa que será proporcionada polo Centro.

MATERIAL 1º PRIMARIA

 Relación de material escolar para 1º de ed. primaria

Para os pais/nais que así o desexen poderán traer tanto os libros de

texto coma o material sempre co NOME E APELIDOS o 5, 6 e 10 de

Setembro en horario de 11.00 a 13:00. En caso contrario poderán

traelo ao inicio do curso.

LISTAXES ALUMNADO

As listaxes de alumnado por grupos estarán a disposición das persoas interesadas a partir do venres, 7 de setembro na conserxería do Centro.

SOLICITUDE BECAS ALUMNADO NEAE

Publicada no BOE (14/08/2018) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo de presentación: 27 de setembro de 2018

Máis información

E-DIXGAL e FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

O CEIP Ramón Cabanillas figura na relación definitiva de Centros seleccionados para participar no Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/2019 en 5º de primaria.

Segundo o artigo 1 da ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) no curso 2018/2019 está excluído da participación do fondo solidario de libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda solicitada para adquirir material escolar.

Polo tanto, non se precisa mercar ningún libro de texto ou de actividades  en 5º de primaria para o curso 2018/2019.

RECOLLIDA VALES

A partir do xoves, 5 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria  os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos.

MATERIAL INFANTIL

RELACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2018/2019.

Entregarase no Centro o día 6 de setembro de 10 a 13h. nunha bolsa co nome do/a alumno/a e o curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut