Skip to Content

Novas

AMPLIACIÓN DAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR.

A consecuencia da publicación da Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Os beneficiarios do vale por valor de 50€ poderán achegarse a recoller o vale adicional entre as 9:00 e as 14:00.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: EQUIPO DIRECTIVO E ADMINISTRACIÓN.

 

Terase que solicitar cita previa para ser atendidos/das. Pois pode ser que non poidades ser atendidos nese momento.

O horario do Departamento de Orientación para a atención ás familias (previa cita):

  • Luns de 13:05h a 14:00h
  • Mércores de 10:50h a 11:40h
  • Venres de 09:00h a 09:55h
  • Martes de 17:30h a 18:30h

 

 

HORARIO DO CENTRO

 

Para a atencións ás familias por parte do profesorado solicitarase cita previa  ben a través de abalarmóbil, nota a través do neno ou nena ou cubrindo o impreso.

O centro conta con servizos complementarios: O servizo de madrugadores, comedor escolar(servizo indirecto) e actividades extraescolares. Para as actividades extraescolares empréganse as seguintes instalacións: a planta baixa do edificio (ximnasio, espazo específico de comedor, aula de música e biblioteca, os espazos verdes e patios semicubertos do centro educativo da planta baixa. O acceso a estes servizos realízase polo portalón do patio de columnas (onde está o mural conmemorativo á figura de D. Ramón Cabanillas realizado polo pintor Leandro Lamas). Ademais a ANPA realiza algunhas actividades extraescolares en pavillóns da zona autorizados pola Concellería de deportes e benestar animal do Concello: O Restollal e Pontepedriña.

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS MARTES, 11 DE OUTUBRO 17:30 
4 ANOS MARTES, 4 DE OUTUBRO 17:30 
5 ANOS MARTES, 27 DE SETEMBRO 17:30 

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA/B MARTES, 27 DE SETEMBRO
17:30
2ºA/B MARTES, 27 DE SETEMBRO 18:00
3ºA/B  MARTES, 11 DE OUTUBRO 17:30
4ºA/B MARTES, 11 DE OUTUBRO 17:30
5ºA/B/C MARTES, 4 DE OUTUBRO 17:30 
6ºA/B MARTES, 18 DE OUTUBRO 17:30 

Colecamiños Curso 2022-2023

Estimadas familias,

PULSERAS COLECAMIÑOS: Coa intención de complementar e incentivar a iniciativa municipal dos camiños Escolares Seguros, “Colecamiños” o Concello de Santiago, por iniciativa do departamento de Educación Viaria de Policía Local pon en marcha unha aplicación informática pola cal, os pais ou titores dos nenos reciben unha mensaxe no teléfono móvil que lles avisa da chegada do menor o colexio.

Ós escolares participantes no proxecto fáiselle entrega dunha pulseira, que o alumno pasará por un lector instalado no interior do colexio chegándolle unha mensaxe o teléfono facilitado a tal efecto polo responsable do menor.

 

 

PULSEIRA

Ademais da tranquilidad dos pais por saber que o neno/a está no colexio, a participación no proxecto ten “premio” xa que o pase diario da pulseira polo lector ten unha recompensa en forma de puntos que despois poderán conxear por agasallos en distintos establecementos comercias da cidade que participan no proxecto, ofrecendo gran variedade de premios, como bicicletas, patinetes, balóns, libros, videos xogos,, entradas de cine, etc.

 

preme na imaxe

LECTOR

O ir andando o colexio, en bicicleta, patinete ou monopatín, ademais da recompensa para o propio menor, axuda e contribuie a mellorar a seguridade viaria no entorno do colexio o tempo que poñemos o noso granillo de aréa na mellora do medioambinete.

 

Para participar na actividade de Colecamiños e poder despois canxear os puntos por agasallos, debedes entrar na páxina colecaminos.santiagodecompostela.gal e rexistrarvos.

Si tedes calquer dúbida podedes consultala na dirección e correo educacionvial@santiagodecompostela.gal ou no número de teléfono 698 14 98 67.

 

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ ANIMÁDEMOS A APARTICIPAR, SERÁ DIVERTIDO !!!!!!!

 

 

 

Benvida ao CURSO 2022-23

BENVIDAS E BENVIDOS

AO CURSO ACADÉMICO 2022-2023

NO CEIP RAMÓN CABANILLAS


O PROFESORADO E O PERSOAL DO CENTRO AO COMPLETO AGARDÁMOSVOS!!!

 

ENTRADAS E SAÍDAS

CALENDARIO ESCOLAR 2022-23

Publicado o calendario escolar 22-23, establécese que o período de adaptación para o 4º curso de infantil (3 anos) será do 8 ao 16 de setembro.

O 18 de maio Ascensión e o 19 non son lectivos.

BECAS NEAE 2022/2023

Publicada no BOE (10/3/2022) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Máis información

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicaranse despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

Prazo de presentación: 19 de maio ao 30 de setembro, inclusive

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

O material e libros de texto (Proxecto Croqueta 1º trimestre no caso do alumnado de 3 e 4 anos) de educación infantil traerase ao Colexio o 5 de setembro de 10 a 13h, o resto dos libros permanece na casa ata novo aviso, as titoras.

O libro de inglés traerase tamén en setembro.

 Material 3 anos 

 Material 4 anos 

alumnado de nova incorporació

 Material 5 anos    

RECOLLIDA DE VALES E FONDOLIBROS

A partir do luns 11 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria  os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos, preferentemente en horario de 10 a 13.

Publicadas as listas provisionais de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Publicadas as listas definitivas de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadán".

Información importante.

RECOLLIDA HISTORIAIS 6º PRIMARIA

As titoras de 6º faranlles entrega dos historiais académicos de educación primaria o día 28 de xuño en horario de 11 a 12 o alumnado de 6ºA e de 12 a 13 o alumnado de 6ºB. Os pais/nais, titores/as legais que non poidan vir ese día poderán recoller dita documentación en secretaría en horario de 9 a 14.

REUNIÓN ED. INFANTIL 3 ANOS

Á atención das familias de alumnado que teñen concedida praza en Educación Infantil de tres anos para o curso 2022-2023.

Terán unha reunión colectiva co profesorado o luns 27 de xuño, ás 10:30 horas, no ximnasio do Colexio.

Lémbraselles que deben formalizar a matrícula dos seus fillos e fillas do 22 ao 30 de xuño.

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2022/23

CIRCULAR INFORMATIVA PARA A SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2022/2023

Presentar en secretaría o anexo correspondente antes do 8 de xullo.

RELACIÓN DE RUTAS E PARADAS

 RUTA DE ANGROIS:.....................VER MAPA

 RUTA DE PONTEPEDRIÑA:............ VER MAPA

 RUTA DE SAR:............................ VER MAPA

MATRICULA ALUMNADO CURSO 2022-2023

O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III, DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO,  xunto a seguinte documentación:

  • Fotocopia dos DNI.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar, sempre que cambiase a situación.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
  • Autorización de permiso de imaxe e saídas extraescolares.
  • Cuestionario uso da lingua.
  • Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • 2 fotos tamaño carné

Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023

* O LIBRO DE COMPRENSIÓN LECTORA DE 1º DE PRIMARIA DÉBESE AGARDAR A MERCALO A QUE O SOLICITEN AS MESTRAS E MESTRES CANDO COMECE O CURSO.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23. O prazo empeza o 19 de maio e remata o 22 de xuño de 2022 (incluído)

Nota informativa: O Centro participará no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2022/23. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Máis información: Web Consellería            ANEXO I/ANEXO II    

AXUDAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2022-23

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica o 03/05/22 a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2022/2023. Polo tanto, a partir do 4 de maioábrese un prazo de 10 días hábiles para presentar as solicitudes.

Bases e modelo da solicitude no pdf adxuntos.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONCELLO/ANUNCIOS

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023

Pode consultar todo o relativo á admisión na páxina da Xunta de Galicia:

Inicio do procedemento de admisión 2022/2023

Ou descargar as instrucións xerais de admisión 2022/2023 para saber máis.

VACANTES 

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
3 ANOS 50* 38
4 ANOS 14 2
5 ANOS 12 -

  

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
E. PRIMARIA 0** 2
0 -
4 1
2 -
21 1
1 -

*Seis postos de infantil 3 anos están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

**Seis postos de 1º de primaria están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

CALENDARIO 

11 DE XANEIRO A 8 DE FEBREIRO 

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AOS CENTROS ADSCRITOS (IES DE PONTEPEDRIÑA E IES DE SAR)     

Deberase presentar no centro de orixe ou a través da aplicación admisionalumnado             (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado

(ED550A: ANEXO I e  ANEXO I bis)    (SERÁ FACILITADO POLO CENTRO) 

ANTES DO

1 DE MARZO

RESOLUCIÓN DE 23 DE FEBREIRO DE 2022

Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2022/2023, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "V" e "U"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "A" e "Z".

ANTES DO

1 DE MARZO

PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES

1 A 21 DE MARZO

 

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 SOLICITUDES

Os formularios estarán dispoñibles o 1 de marzo de 2022

a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.

As persoas solicitantes poderán:

- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería dirección (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) ou nos arquivos adxuntos para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial. 

ED550B-G ou ED550B-C 

10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DOS DOUS DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Cando non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou admisión

CRITERIOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO E PUNTUACIÓN 

Os documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro 2 días despois do remate do prazo de presentación.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. 

Corresponde ao consello escolar dos centros públicos decidir sobre a admisión de alumnado e nos centros privados concertados, a decisión correspóndelle á súa titularidade coa participación do consello escolar.

ANTES DO 25 DE ABRIL

 

*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES)

ANTES DO 15 DE MAIO

*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

DO 20 AO 30 DE XUÑO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN:
PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO CON DATA 21/04/2022. A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre

Quedando admitido todo o alumnado que presentou a solicitude en forma e prazo para os cursos onde había vacantes. 

Uso de máscaras. Comunicado da Xunta de Galicia

Estimadas familias, 

Informamos sobre o uso da máscara en exteriores, no centro educativo:

"Os  expertos  do  subcomité  clínico  lembran  que  onte  se  comenzou  a  administrar a segunda dose da vacina contra a covid-19, polo que, ata que os rapaces teñan a pauta  completa,   o  recomendable  é  seguir  coa  máscara  onde  haxa  un  número  elevado  de  persoas  que  compartan un mesmo espazo exterior. Un espazo onde habitualmente toman bebidas ou alimentos."

Estracto do comunicado. Ver comunicado completo na ligazón.

Uso de máscaras. Comunicado da Xunta de Galicia

Un cordial saúdo,

O equipo directivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut