Inicio do prazo de presentación de solicitudes para as axudas de material e libros e da participación no fondo solidario de libros do curso 2019-20.

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

RESUMO:

1. Esta orde ten por obxecto para o curso 2019/20 o procedemento ED330B relativo a:

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria e en Educación Especial

c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Especial.

Asignación de contías e fondo solidario de libros: Ver Artigo 2

Renda per cápita da unidade familiar: Ver Artigo 3

Membros computables da unidade familiar:Ver  Artigo 4

2. Prazo de entrega e formalización  da solicitude:

a) Presencial no centro: do 21 de maio ao 21 de xuño (inclusive). Pode recollerse a solicitude no centro ou descargarse dende aquí.

Galego

Castelán

Horario de  secretaría do centro: de 09:30 a 12:30

b) Telemática: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. Documentación para a presentación (Artigo 12)

a) Ademáis do Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar), entregarase:

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

f) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE. 

4. Resolución provisional publicarase en web e taboleiro do centro o 11 de xullo. 

ACLARACIÓNS

 

Corrección de erros nas listaxes provisionais de admisión de alumnado: 5º de Educación Infantil.

 

Nº de solicitudes admisión presentadas en prazo: 1

Despois da publicación da listaxe provisional (26 de marzo), produciuse unha escolarización por traslado (en virtude do exposto no artigo nº 12 do Decreto 254/2012 do 13 de decembro).

Con esa nova matrícula, deixa de existir a vacante ofertada e por conseguinte, a solicitude presentada tivo que ser baremada. Ao non obter praza, queda pendente da decisión da comisión de escolarización.

Listaxe correxida de alumnado admitido de 5º de educación infantil

  

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2019-2020

Prazo: do 1 ao 30 de abril de 2019

Lugar: Secretaría do centro

Horario : de 9:30 a 12:30

Destinatarios: Alumnado xa matriculado neste centro.

PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2019-20 PARA O ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS.

Resolución da reserva de praza para o curso 2019-20 para o alumnado procedente de centros adscritos.

  1. ALUMNADO PROCEDENTE DAS EEI de Rorís, Larín de Arriba e A Lagoa:
  • Todas as solicitudes de reserva para 3º de Educación Primaria resultaron admitidas e obtiveron praza.
  • Resolución da reserva: publicada no taboeiro de anuncios do centro.
  • No mes de xuño publicaremos na web e taboleiro do centro, a información para formalizar a matrícula.
  1. ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA QUE RESERVA NO IES MANUEL MURGUÍA.
  • Todas as solicitudes de reserva para 1º de ESO resultaron admitidas e obtiveron praza. Información publicada no taboeiro de anuncios do IES Manuel Murguía.
  • Os procesos de matrícula, axudas de libros… deberán formalizalos no IES.
  • Web do Ies: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmanuelmurguia/
  • Teléfono do IES: 981601852

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2019-2020

Para máis información sobre as Ordes que regulan o proceso:  Ligazón 1
Oferta de prazas vacantes para o curso 2019-20
Calendario do proceso de admisión
Circular informativa do centro
Solicitude de admisión (Anexo II)Castelán -  Galego
Instrucións de admisión 2019-20 Direción Xeral de Centros.
Para coñecer as rúas e lugares que lle corresponden ao CEIP ponte dos Brozos (Área de influencia) , pica aquí:

PASARÚAS ENTROIDO 2019

Como en anos anteriores dende o centro queremos celebrar o comezo do Entroido cun pasarúas por Arteixo.

  O alumnado dende 5º Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria irán polo paseo fluvial incorporándose  a altura do Gadis e subindo logo pola rúa peonil.

O Horario de comezo do pasarúas será as 11:15 hs.

 O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) desfilará pola Avda. Arsenio Iglesias no tramo da avenida que discurre por diante do colexio. 

 O  minipasarúas comezará sobre as 11:30 hs. (ao remate de sair os maiores do centro).

 Normas a seguir polas familias:

- Non se pode separar a ningún neno/a dos compañeiros/as e da súa fila.

 Por favor non darlles a mán aos/as nenos/as. Eles/as teñen que desfilar co seu grupo.

- Calquer foto que se faga será sempre sen parar o desfile.

- Non se pode repartir ningun lambonadas aos rapaces durante o desfile.

Solicitamos a vosa colaboración respetando e colaborando con estas normas  e así disfrutar xuntos desta e futuras celebracións.

Imaxes percorridos

Publicación da UNESCO

 

O Ceip Ponte dos Brozos foi un dos  7 centros  seleccionados pola UNESCO, entre os máis de 100 presentados en todo o mundo, para aparecer nunha publicación sobre mellores prácticas de aprendizaxe móbil.

O noso centro aparece entre centros doutros paises como Reino Unido, Rusia, Portugal, Israel e 2 de China

Como consecuencia desto fomos invitados a participar na Mobile Learning Week a celebrar na sede central da Unesco en París entre os días 4 e 8 de marzo

Sentímonos moi orgullosos de situar a Arteixo, Galicia e España neste reducido elenco de centros con algo que contar e que compartir co resto do mundo

Ligazón á publicación sobre o noso colexio

Ligazón ao sumario dos outros centros

Distribuir contido