Unidade de Atención Temperá da USC: Xornada sobre acoso entre menores

Ante a demanda para asistir a unha xornada sobre acoso entre menores posta en marcha pola Unidade de Atención Temperá o vindeiro 22 de maio, o grupo que dirixe a profesora María José Buceta decidiu organizar unha nova charla gratuíta dirixida especificamente a pais e nais e aos docentes de centros educativos e escolas infantís, para axudará aos pais e nais e aos docentes a detectar, previr e intervir en casos de acoso escolar de menores contra menores.

Será o vindeiro 28 de maio ás 19:00 horas nas instalacións da Unidade, na Facultade de Psicoloxía, cando teña lugar esa nova sesión para 25 persoas, que deberán inscribirse no enderezo mjosecarmen.buceta@usc.es. O acceso á xornada realizarase por rigorosa orde de inscrición.

Nas charlas informativas dos días 22 e 28 de maio, os especialistas da Unidade afondarán nos protocolos que deben seguir tanto docentes como pais e nais en casos de acoso escolar, tanto se son quen os sofren como se son os acosadores.

Máis información: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2013_04/noticia_0216.html