Horario de apertura


A biblioteca permanecerá aberta durante o horario lectivo, e polas tardes de luns a venres. Cada grupo de alumnos, co seu titor, terá reservada unha hora semanal para utilizar a biblioteca no seu horario lectivo.
 
Durante os recreos, respectando as normas de uso, poderase usar libremente para empréstitos e lectura os días indicados para cada ciclo. Pódense devolver os empréstitos calquera día da semana.
Polas tardes, está aberta ao empréstito e á realización de traballos escolares. Lémbrase que é un lugar de lecer e de traballo. Deben respectarse as normas de funcionamento.