Como atopar un libro?


 

O xeito de buscar un título é moi sinxelo. A búsqueda pode realizarse desde calquer punto cun ordenador conectado a internet. No centro esta operación pode realizarse ben na mesma biblioteca ou no aula de informática.
O procedemento é o seguinte.

  • 1º Acceder á páxina web do noso colexio http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippio12
  • SI BUSCAMOS UN LIBRO DUN ITINERARIO DE LECTURA. Dentro da páxina, na columna da esquerda, dentro do menú A NOSA BIBLIOTECA, premer na opción "A nosa biblioteca". Seleccionar dentro desta ITINERARIOS DE LECTURA, escoller o itinerario que desexamos consultar e anotar o(s) título(s) do libro(s) que puideran ser do noso interese. Recoméndase anotar máis dun por se o que escollemos estivera emprestado.
  • 3º A continuación, na columna da esquerda, tamén dentro do menú BIBLIOTECA, premer na opción "Na rede". Desde esta iremos á Rede de Bibliotecas de Galicia en concreto á páxina do CEIP Pío XII.
  • 4º Dentro da Rede de Bibliotecas, escribir no recadro "Título" o título do libro escollido e premer á opción buscar.
    Entre a lista de libros que nos van aparecer, premer o que nos interesa a nós.
    Na descripción do libro que nos aparece, na parte inferior, aparece o termo LOCALIZACIÓN, que contén a CDU do libro e o número de columna e andel no que está ubicado.[por exemplo 846-46.3 que indica CDU 846, columna 46 e andel 3]
    Con estes dous números [ex. 46.3] [columna e andel] poderemos ir directamente ao lugar no que se atopa o libro na biblioteca do noso colexio e coller o libro.