2009-2010. Visitamos a Praza de Abastos


 

O martes 2 de marzo, fixemos unha saída á praza. Ao chegar estábanos esperando unha monitora do Concello  porque esta visita estaba organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago.
Empezamos pola nave da carne: cabrito, porco, zorza, chourizos… Logo fomos á nave dos peixes e marisco. Canto había! Salmóns, congrios, rapantes, xureliños e anguías, que estaban vivas! E movíanse….
A continuación, a nave do marisco: navallas, caramuxos, nécoras, centolas, bois,….
Logo leváronnos por onde estaba a verdura e a froita. Unha das señoras vendía as sementes do repolo, dos pementos, dos chícharos, …Nesa parte tamén vendían empanadas e pan. A profe mercou un pouco e comémolo despois.  Era de centeo e estaba riquísimo.
Ao rematar fomos a un sitio onde, se queres, lévanche a compra á casa, e outros servizos. Alí cambiamos unha moeda que nos deron ao chegar por unha peza de froita.
De volta ao cole demos un paseo pola parte antiga: a Praza de Cervantes, a Praza da Quintana, a das Praterías, onde Pedro nos ensinou como eran os cabalos, a Rúa do Vilar, …e chegamos ao cole.