8 de Marzo


 
 

Serrana Rial García é profesora de Historia e ofreceunos un percorrido polo papel da muller galega no tempo e a súa presenza en sectores como: artesanía textil, actividades mariñeiras, comerciais, urbanas... fiandeiras, palilleiras, calceteiras, costureiras, pescantinas, regateiras, panadeiras, taberneiras, mulleres de artesáns...


Darío Barro. 5ºA


O día 8 de marzo de 2010 déronnos unha conferencia para explicarnos porque se celebra o día da muller traballadora.
Aprendín que, non hai moitos anos, as mulleres facían moi poucos traballos fóra da casa. Agás de traballar no campo, como mariscadoras ou en fábricas, só se ocupaban das tarefas da casa e o coidado dos fillos.
Moi poucas estudiaban, máis alá de aprender a ler e a escribir. Dende pequenas as súas nais ensinábanlles a facer as cousas da casa. Ao ter poucos estudios non podían ter bos traballos.
Impresionáronme as cousas que nos contaron que tiveron que facer para chegar á situación actual, como o feito que sucedeu cando as mulleres que traballaban nunca fábrica encerráronse para reclamar os seus dereitos e o dono mandou lanzar bombas incendiarias e morreron todas.
Pouco a pouco, foron empezando a estudar e a ter mellores traballos, pero, aínda hoxe, as mulleres traballan máis, porque ademais de facelo fóra , encárganse das súas casas e de coidar aos seus fillos.
Léronnos poemas dalgúns escritores galegos, como Rosalía de Castro, que se referían ao tema.