O Entroido 10


 

O venres, día 12 de febreiro ás 11:00 horas , celebraremos no Colexio a festa do Entroido.

Os alumnos/as virán disfrazados da casa, agás os que fixeran disfraces no colexio, e participarán no desfile. Todos os nenos/as de Primaria, en caso de choiva, traerán un calzado adecuado para ir ó pavillón polideportivo, tenis ou zapatillas, independentemente do que traian para o disfrace. Lémbrase que non poden traer obxectos punzantes, espadas, botes de spray, bombas fétidas, patinetes ou patíns.

O desfile será a partires das 11:00 polas dependencias do colexio.

Os días 15,16 e 17 de febreiro, non haberá clase (calendario escolar).

O Entroido é unha celebración na que principalmente se combinan elementos coma os disfraces, os desfiles e festas na rúa e as festas privadas nas casas.
Caracterízase por se un periodo de permisividade e certo descontrol.
A celebración do entroido máis grande do mundo é o entroido de Brasil e o máis longo é o de Uruguai, pero moitos outros paises teñen importantes celebracións como en Italia o entroido de Venecia.
O Entroido é unha das festas máis importantes e con máis apego da nosa comunidade, de alí que teña moita fama e tradición.
O entroido en Galicia desenvólvese e ten lugar en todas as provincias pero a que ten máis tradición é a de Ourense na que podemos atopar o entroido de Xinzo de Limia que presume de ser a festa do entroido máis longo e que se caracteriza polo seu traxe típico de Pantalla; o entroido de Laza, no que son protagonistas absolutos a figura dos Peliqueiros; o entroido de Verín cos Cigarróns, o entroido de Bande cos Troiteiros; os de Viana do Bolo, etc.
Tamén e como non podía ser menos, todas as festas do entroido van acompañadas de festas gastronómicas de bó comer, nas que destacas os produtos típicos como a orella, a cachucha, o caldo galego, as bicas, as filloas, os chourizos...