Relacionadas coa conciencia e expresións culturais


 

A competencia de conciencia e expresión cultural implica comprender e respectar como se expresan e comunican creativamente as ideas, opinións, sentimentos e emocións en diferentes culturas e a través dunha ampla gama de manifestacións artísticas e culturais. Implica tamén o compromiso de comprender, desenvolver e expresar as propias ideas e o sentido do seu lugar ou papel na sociedade. Tamén require unha comprensión da evolución da identidade e do patrimonio cultural nun mundo caracterizado pola diversidade, así como da conciencia de que a arte e outras manifestacións culturais poden ser unha forma de mirar o mundo e de darlle forma.