Día de Rosalía 2023


 

 

 

23 de febreiro. Día de Rosalía

23 do 24 Pío XII con Rosalía. Lendo todo o día

 


Este ano para conmemorar o “Día de Rosalía de Castro” pensamos nunha celebración activa e extensible a toda a comunidade educativa.
Trátase dunha “Maratón de lectura” da obra da autora que se levaría a cabo o día 23 de febreiro do 2024 no salón de actos do centro entre as 10:00 e as 13:30h.
A difusión da lectura realizarase en streaming a través da canle de youtube de CEIP Pío XII á que poderán acceder en exclusiva os membros da comunidade educativa de CEIP Pío XII.
As familias, ás que animamos a participar, poderán facelo inscribíndose a través do seguinte formulario que estará habilitado desde hoxe ata o 16 de febreiro.
  • Alumnado e familias. Animádevos a participar.