Concursos 22-23
Enviado por ceippio12 o Xov, 2022-12-01 13:12
|
|
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
De cara ao Nadal, a ANPA A Ferradura proponnos un concurso de postais de Nadal. No concurso poderá participar todo o alumnado do centro. As postais orixinais, en tamaño folio (A4), deberán ser entregadas á Xefa de Estudos como data tope o luns 12 de decembro. O nome, curso e grupo figurará na parte posterior da postal. O xurado será designado pola ANPA.
PREMIOS Un premio de 50€ nun ticket regalo para cada gañador ou gañadora dos seguintes niveis agrupados: EI, 1ºe 2º, 3º e 4º, 5º e 6º de EP. Os premios entregaranse o día do respectivo festival de Nadal. |
|