De aquí para alá


  DE AQUÍ PARA ALÁ

Auditorio de Galicia




É unha proposta musical e teatral, interpretada por Lydia Botana, autora deste espectáculo. “De aquí para alá” é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons. A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno que vive en África e está moi triste.

  • 04 de marzo: Alumnado de 6ºEI e 1º de EP.
  • 05 de marzo: Alumnado de 2º e 3º de EP