Nós tamén creamos


 

OS MIL BRANCOS DOS ESQUIMÓS


Os mil brancos dos esquimos; de Isabel Minho Martins, Madalena Matoso, foi a obra escollida polo equipo de traballo para a realizacion da curta de animacion.

O noso proxecto tentou unha aproximación do alumnado á creación audiovisual na nosa lingua a través, fundamentalmente, do stop motion, desenvolvendo aspectos lingüísticos, de expresión plástica e musical, dramatización e de coñecemento das novas tecnoloxías aplicadas á aula.


Os obxectivos inicialmente propostos foron:
  • Coñecer e aplicar a técnica de stop motion e afondar na creación e producción audiovisuais.
  • Achegar o alumnado de Educación Infantil, de xeito intuitivo, aos fundamentos da imaxe en movemento.
  • Traballar os valores que os contos nos transmiten.
  • Valorar o conto como patrimonio cultural e de aproximación á realidade.
  •  Desenvolver a expresión oral na nosa lingua.
  • Afondar na pronuncia, locución e expresións propias da nosa lingua a través da linguaxe oral e a musicalización de partes do conto traballado.
  • Afianzar a comprensión oral na nosa lingua.
  • Traballar a iniciación á linguaxe escrita.
  • Experimentar diferentes técnicas de expresión plástica.
  • Afondar na imaxe como fonte de información.
  • Desenvolver a creación e expresión musicais.
  • Traballar o xesto e o control postural.

Unha primeira fase no primeiro trimestre na que o profesorado participante reunímonos cunha profesional da editorial OQO quen nos aportou varios albums ilustrados para escoller entre eles o que posteriormente traballariamos e impartiunos a fase presencial de formacióna. Logo de lidos os contos polo profesorado e ao alumnado, resultou elexido "Os mil brancos dos esquimos"
Nunha segunda etapa e durante o segundo trimestre realizamos a fase en rede de formacion do profesorado participante a traves da plataforma Platega fumos traballando nas aulas as diferentes fases de elaboracion da nosa curtametraxe: o guin personaxes, movementos, luces, montaxe,..
A terceira fase, no terceiro trimestre, incluiu a entrega das tarefas realizadas por cada un dos profesores ;participantes na fase de formacion e tame;n a entrega, por outra banda, da nosa curta de stop motion rematada.
En cada fase do noso proxecto tentamos sempre a utilizacion do galego co alumnado dun xeito activo.


A nosa avaliación en termos xerais resultou moi positiva:
Por unha banda o noso alumnado participou activamente, tanto na escolla do proxecto como na realización deste. O profesorado non participante no proxecto amosou unha actitude colaborativa que facilitou o desenvolvemento do noso traballo. A posta en práctica do desenvolvemento supuxo un alto grao de interdisciplinariedade  entre os bloques das distintas materias (expresión plástica, corporal, vogal) e fundamentalmente na utilización e posta en valor da lingua galega, así como na sensibilización sobre a importancia da utilización da nosa lingua na creación audiovisual e nas TIC.