2016-2017. Almorz@ con beizos brancos
Enviado por ceippio12 o Mar, 2016-10-18 12:25
![Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippio12/galeria/albums/ceippio12/userpics/10001/normal__DSC9518.JPG) |
|
ALMORZ@ CON BEIZOS BRANCOS
AGACA
Os alumnos e alumnas do terceiro curso de primaria participarán nas actividades de “Almorz@ con Beizos Brancos”, un programa organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e a Obra Social “La Caixa” co fin de promover unha nutrición sa entre os escolares, así como facerlles notar a riqueza dos produtos do agro galego. A modo de exemplo de almorzo completo e saudable, os estudantes probarán pan galego con aceite, mandarinas e leite con cacao e mel. Complementando a información alimentaria, un xogo educativo explicará aos participantes todos os procesos polos que pasa o leite dende que se extrae das vacas ata que chega aos seus vasos, co fin de poñer de relevancia non só o valor dos lácteos na dieta senón tamén unha mostra dos traballos e tarefas que compoñen sector agroalimentario.
Alumnado de 3º de EP
- 28 de outubro e 2 de decembro.
|
|
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippio12/system/files/u2/unnamed.png)
|
|
|