Cada nena/neno que o desexe, desde 1º a 6º escribirá un conto de 99 palabras que poderá escribir no colexio ou na casa.
INSTRUCCIÓNS PARA A LECTURA DOS CONTOS RÁPIDOS 1º Os alumnos poderán ler durante a hora de recreo ou durante o proxecto lector os contos escritos polos seus compañeiros. 2º Os contos estarán ubicados nas saídas de cada un dos recreos de primaria. 3º Cada conto terá unha cor e un código. 4º O alumnado disporá dunha tarxeta para valorar as lecturas realizadas, debendo colocar no respectivo recadro o código e a valoración do conto escollido.
24 de febreiro. Día de Rosalía
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro).
Compuxo os seus primeiros versos á idade de 12 anos. Aos 17 anos xa era coñecida no "Liceo de San Agustín". polo seu primeiro libro; A Flor. e Follas Novas: é o título do seu último libro que contén o seu xeito de ver a vida, no mostra a súa esencia vital. Rosalía mostra unha visión sombría da existencia humana. Nos Cantares, Rosalía asume a voz do pobo galego.
Rosalía de Castro casouse con Manuel Martínez Murguía, erudito cronista de Galicia. Rosalía nunca gozou de boa saúde. Loitou sempre contra enfermidades, e a miúdo coa penuria. Morreu de cancro aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón, a cal hoxe é un museo. Todos os seus fillos morreron antes ca ela, sen poder deixar herdeiros.
Conmemorando esta data, desde o Equipo de Dinamización Lingüística organizamos un xogo de pistas de cara a adiviñar unha persoaxe oculta. Cada alumna ou alumno poderá propoñer a persoaxe que lle suxira a pista escribindo o nome nun taboleiro. O xogo rematará o día 24 descubrindo de quen se trataba.
Fotografía co Apalpador
Se desexas realizar unha fotografía co Apalpador, podes realizala na planta baixa, a carón do patio cuberto. Anímate.
Album de adiviñas e refráns.
Deberás descubrir a través de adiviñas sobre os froitos de outono, o samáin, o outono ou o tempo nestas datas, o que se esconde detrás de cada unha delas. Tamén disporás de refráns propios deste tempo. Fai o teu propio álbum!