Convivencia nos centros educativos

 


CONVIVENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS

MARITA VILAR ARMAS. MESTRA ORIENTADORA

En qué medida podemos dicir que existe violencia nos colexios? Eu diría que máis que violencia serían conflitos que poden resolverse de forma pacífica. Hai que poñer en corentena as alarmas xeneralizadas sobre a crecente violencia escolar. O que sucede é que tanto profesores como familias estamos moito mais preocupados e sensibi lizados polo tema e resúltanos máis intolerábel.

 

A violencia escolar maniféstase na institución educativa pero non ten que ver con ela como productora principal, senón que, na maioría dos casos está máis relacionada cos suxeitos e as súas problemáticas, os seus contextos e as súas condicións de vida.

Un factor que pode explicar a violencia, a indisciplina e o comportamento dos alumnos é a perda de autoridade tanto de pais e nais como do profesorado. O interese por ensinar non sempre se corresponde co interese por aprender e iso xera un conflito.En primaria, podemos falar mellor de conductas disruptivas nas aulas e que poden ter unha influencia negativa noutros estudantes:

  • Problemas de indisciplina: negarse a cumprir as ordes ou a facer os deberes, non querer traballar nas clases.
  • Conductas antisocias: insultar, decir mentiras, facer pequenos roubos, falsificar firmas das notas.
  • Negativismo desafiante: molestar e interrumpir frecuentemente na clase, molestar aos demais, erguerse sen permiso, preguntar insistente mente e sen sentido.
  • Indisciplina: insultos, malas contestacións,falta de respecto.

Tanto na escola como na familia débese educar no autocontrol e no ríspeto aos límites, na necesidade de disciplina e nos  valores de convivencia. Cando hai  problemas todos somos corresponsabeis de buscar solucións compartidas.
Os pais deben ser autocríticos coa súa permisividade na familia e os centros educativos co exercicio da autoridade. Ambos deben reflexionar sobre as súas misións e cometidos.
Non hai solucións máxicas contra a violencia escolar, é un tema moi complexo no que todos debemos colaborar, pais, profesores,sociedade...
O labor do profesorado verase reforzada se a familia segue as mesmas pautas ca na escola.
A mellor intervención sobre os problemas de conducta é a prevención, promovendo todos os aspectos que favorezan e potencien unha mellor convivencia.

Prevención no ámbito familiar

Modelo democrático de convivencia que supere o permisivismo e o autoritarismo integrando normas, diálogo e autonomía. Non ceder as chantaxes e manipulación dos rapaces, unificando o estilo educativo entre a parella. Establecer claramente as normas e as consecuencias.
Amor incondicional e desenvolvemento positivo, aceptalos e querelos tal como son, felicitar e premiar as condutas positivas, non ridiculizar as súas dificultades, compartir o tempo de lecer e diversión.
Normas de convivencia familiar establecendo límites e regras claras (horario de estudio, de TV, hora de deitarse, preparación da mochila), ser modelos de conduta reflexiva, ensinalos a ser resilientes, capaces de desen volverse en condicións adversas.
Dende os centros educativos debemos buscar unha escola inclusiva que vexa a diversidade como unha fonte de enriquecemento.
Hai que lle dar prioridade no currículo escolar a educación en valores: habilidades sociais, a tolerancia, a solución de conflitos. Estilo educativo asertivo, superando o autoritarismo e permisivismo, integrando normas e diálogo.
Adaptación do currículo adaptando a tarefa escolar ás súas características persoais. Así, cos rapaces con déficit de atención teremos que dividir as tarefas en subtarefas sinxelas e curtas e darlles apoio e reforzo cando pasen dunha tarefa a outra.
Non estigmatizar nin marxinar. O profesor dará as orientacións para que o grupo de iguais ignore as condutas que buscan chamar a  atención e se impli quen na integración do alumno no grupo.
Fomentar a autoestima eloxiando sempre que haxa ocasión, axudarlles a recoñecer, aceptar e superar as súas dificultades, valorando o esforzo tanto coma o logro, evitar as críticas ácidas...
Cando existen outros problemas minori tarios pero non por elo menos importan tes débense por en coñecemento do centro para tomar conxuntamente as medidas axeitadas.



VOCABULARIO

Resilientes: capaces de enfrontarse ás dificul tades e desenvolverse en situacións adversas.
Asertividade: é a habilidade de expresar  os nosos desexos sen atentar contra os demais. Ter a capacidade necesaria para desenvolverse eficazmente nun medio social e laboral sen deixarse manipular e sen manipular aos demais.
Bullying: proceso de abuso e intimidación sistemática por parte dun neno cara outro  que non ten posibilidades de defenderse

Convivencia nos centros educativos