Coeducación


O día 31 de Xaneiro, tivo lugar no noso Centro, a presentación da campaña de Concienciación e sensibilización sobre os valores de igualdade entre homes e mulleres no seu fogar, levada a cabo pola  Concellería da Muller do Concello de Santiago en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. Esta campaña  quere transmitir a necesidade dun reparto das tarefas da casa entre os membros da familia.