Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Proxectos

OS MAIOS

Xa chegou unha nova estación e para darlle a benvida á Primavera elaboramos uns maios e cantamos unha copla relacionada coa temática do proxecto anual. 

 

SEGUIMOS !!!!!!

O noso traballo a prol da LINGUA e as MULLERES viuse recoñecido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Continuamos!!!!!

GUAI, SOMOS MULLERES!!!!!

 

Tamén recibimos este diploma da Real Academia Galega.

MIL PRIMAVERAS MÁIS!!!!!!

 

 

 

 

 

GRANDES ÉXITOS 2021

O pasado curso todo o alumnado do cole participou nun proxecto musical adaptando tres coñecidas cancións e, deste xeito, celebrar tres datas sinaladas no noso calendario: SAMAÍN, DÍA DA MULLER e LETRAS GALEGAS. O resultado foi un exitazo polo que vaian tremendo os grupos musicais internacionais edo país porque aí estamos!!!!

Compartimos os videoclips e o libreto coas cancións e... A GOZAAR!!!!!!!

SAMAÍN:

https://drive.google.com/file/d/1ji5NX5Y6wFOds9bvJwkPOxWkDAzPP53I/view?usp=sharing

DÍA DA MULLER:

https://drive.google.com/file/d/1d-_ukfOLavhjboSoLLy_1vhy2Yf4_vi_/view?usp=sharing

LETRAS GALEGAS:

https://drive.google.com/file/d/1Oa7Y-ErcwqVp_7YVs_Wvff2uCJSVxGyZ/view?usp=sharing

LIBRETO:

https://www.flipsnack.com/7E767C99E8C/grandes-xitos-2020-2021-ceip-pintor-antonio-fern-ndez.html

 

Darío, con nós.

Hoxe, recibimos este video. Darío, si o fillo de Xela, agasallounos con estas verbas. Estamos completamente de acordo en que todos os días temos que conmemorar, falr e mimar á nosa fala.

Grazas, Darío, un cento de apertas do alumnado e profesorado do CEIP Pintor Antonio Fernández, un cole con nome de artista como a túa nai.

XELA, neniña.

Non te amola!!!!,Xela lembra a súa infancia e vivencias. Os nenos e nenas de 2º debuxaron as súas historias.

Xa dende nena, Xela apuntaba maneiras nisto de escribir. Con 11 aniños gañou un premio con este conto de fragas, paxaros faladores, leopardos, edificios sen fin, magos e soños que nos contan con moita gracia a clase de 6º.

E como toda fiasta que se precie, non pode faltar a música. Botamos un baile?

Quedan un par de sorpresiñas que xa chegarán. Non sexades impacientes!!!

Que teñades unhas

BOAS LECTURAS e unhaS moi BOAS LETRAS!!!

Obras de XELA ARIAS: POETIZAMOS II

En "Darío a diario", Xela expresa o que sente polo seu fillo, a maternidade, como se sinte ela...

Ese sentimento é o que nos narran as nais do alumnado de 4º de Primaria acompañadas da lectura dos versos de Xela por parte dos seus fillos e fillas.

En "Ningunha coma ti, ningún coma ti" a clase de 6º de Primaria agasalla cos seus versos "ás raíñas parlantes, a esas mans únicas que nos acompañan e agariman toda a vida".

 

Isto aínda non rematou polo que

continuará... 

 

Obras de XELA ARIAS: POETIZAMOS I

Xela foi unha grande poetisa que marchou cedo.

Aínda así achegounos a súa obra "chea de vida".

O alumnado de 3º de Primaria versiona  o seu "Monólogo adicto"

coa música de Guadi Galego.

Moi equilibradamente, o alumnado de 5º recitou a súa obra

"Denuncia do equilibrio".

E como sempre, que teñades boas lecturas!!!

continuará...

LETRAS GALEGAS 2021: Quen era Xela Arias?

Os nenos e nenas máis pequenos do cole presentánnos á Xela Arias,  poetisa, tradutora, editora e profesora a quen se lle adican as LETRAS GALEGAS deste ano.

O primeiro video é unha fotobiografía instalada na carballeira do cole realizada polo alumnado de Infantil.


Finalmente, o alumnado de 1º cóntanos moitas cousas da vida de XELA ARIAS.

continuará...

Mañá, máis.

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut