Educación Artística

Cando volvamos ao cole. Semana do 12 ao 19 de xuño

E comeza a última semana de clase... o curso chegou ao seu fin! E que mellor que rematar cantando, tocando ou bailando!

Un grupo de músicos e mestres de Palencia compuxeron esta canción para cantar tod@s xunt@s ao volver  ao colexio. 

Déixovos a letra e o vídeo para que vaiades practicando... Porque todos estamos desexando volver, verdade?

 

AVISO IMPORTANTE DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA

PARA @S NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Neste arquivo explícovos as tarefas obrigatorias que teredes que entregar antes do 1 de xuño.

@s nen@s que xa mas enviastes NON TEDES QUE FACELAS DE NOVO.

Biquiños e moito ánimo

Adaptación da programación de Educación Artística

Nesta ligazón podedes ver a adaptación da programación de Educación Artística.

Debuxo con Leandro Lamas

Unha tarde máis, o artista Leandro Lamas convídanos a participar no obradoiro de debuxo "paso a paso", animádevos!!

Será hoxe ás catro, só tedes que entrar na súa conta de Facebook e... a gozar!!

 

Facemos música e plástica... na casa!!

Bo día raparigos e raparigas!!!

Hoxe era o día que volvía ao colexio para facer moitísimas actividades con todos vós, ben sexa na clase de música ou na de plástica, pero como temos que estar confinados... que vos parece se agora as facedes coa familia?

Só tedes que estar atentos e atentas ás miñas suxestións en música ou plástica e... mans á obra!! 

OLA RAPARIGAS E RAPARIGOS!

Dende esta páxina temos a intención de irvos amosando tódalas actividades que imos realizando nas clases de música e plástica ao longo de todo o curso. 

Agardamos que vos gusten!

Resultado de imagen de musica y plastica

Powered by Drupal - Design by artinet