Facemos música e plástica... na casa!!

Bo día raparigos e raparigas!!!

Hoxe era o día que volvía ao colexio para facer moitísimas actividades con todos vós, ben sexa na clase de música ou na de plástica, pero como temos que estar confinados... que vos parece se agora as facedes coa familia?

Só tedes que estar atentos e atentas ás miñas suxestións en música ou plástica e... mans á obra!! 

Podedes escribirme ao meu correo electrónico (malenapapin@gmail.com) neste tempo que non imos ir ao cole para contarme algunha idea, suxestión, dúbida,...

 

Comezamos cunha canción que compuxo o mestre de música José Carbia con algunhas recomendacións a Sabela, a nena protagonista, para que non se infecte co Coronavirus. 

Escoitádea!!

 

 

Agardo que nos vexamos pronto, ata entón, bo traballo e moito ánimo!! 

Powered by Drupal - Design by artinet