Departamento de Orientación

CIRCULAR BECAS NEAE

Dende o Ministerio de Educación e Formación Profesional publicáronse unhas modificacións nas becas do alumnado NEAE do presente curso, 2019-2020. No documento adxunto, móstrase máis información.

 

 

CONSELLOS PARA UN ESTUDO EFICAZ

Cal é o mellor lugar para estudar? Que material preciso? Como planifico o meu estudo? Estas son algunhas preguntas que respondemos para axudarche a conseguir un estudo eficaz. Bótalle un ollo o documento que se adxunta!

CADERNOS DE DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL EN FAMILIA

Adxuntamos catro Cadernos de desenvolvemento emocional en familia, indicados para o alumnado de educación infantil e primaria.

Estes cadernos conteñen enlaces de libros, actividades para desenvolver a atención (memory art, labirintos...), taller de cociña divertida e saudable, cortos, manualidades, experimentos, xogos de mesa e un pouco de relaxación. 

ORIENTACIÓNS DURANTE O CONFINAMENTO

Dende o Departamento de Orientación, deixamos unha serie de recomendacións que consideramos importantes para ter en conta neste tempo de confinamento. Por outra banda, tamén deixamos un caderno (Cápsula del tiempo) cunha serie de actividades para gardalo e dentro duns anos poder recordar o lado positivo deste momento. E xa por último, un enlace para confeccionar un libro infantil personalizado. 

DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Para conmemorar o Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo, deixamos un documento con contos adaptados con pictogramas e outros contos sobre os valores. Así mesmo, unha ficha por si vos apetece colorear. Agardamos que vos gusten.

 

ACTIVIDADES OPTATIVAS

O documento que se adxunta, trátase dunha serie de enlaces para acceder a cancións, xogos, apps, canle de radio en galego... para eses momentos non que os nenos e nenas xa realizaron as tarefas indicadas polos seus titores e titoras e aínda seguen con forzas para seguir traballando. Espero que lles resulten interesantes!

 

Powered by Drupal - Design by artinet