Benvida
A nosa benvida ao CEIP Mestre Pastor Barral
Sitio web do CENTRO EDUCATIVO.
Reunión de Educación Infantil
Estimadas familias:
A reunión inicial para todas as familias de educación infantil terá lugar o vindeiro venres día 8 de setembro, ás 12:00 horas.
As reunións faranse na aulas de cada un dos respectivos cursos.
Un saúdo
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2023-24
Dende hoxe 20 de xuño e ata o 30 está aberto o prazo para a formalización da matrícula de todos os nenos e nenas que veñan para este colexio. A documentación está na conserxería do centro escolar.
Lémbrade que o 29 de xuño é festivo local.
Publicación de Listaxes provisonais de admitidos/as e non admitidos/as
Están publicados no tablón de anuncios, dentro do Centro Escolar posto que pola le Lei de Protección de datos non poden estar expostas ao público en xeral.
Agora ábrese un período de reclamacións de 5 días( dende o 26 de abril ata 6 de maio).
A dirección
Día Mundial do Síndrome de Down
O pasado 21 de marzo, os nosos pequenos e os mestres trouxeron os calcetíns desparexados ( este símbolo mundial busca aumentar a conciencia deste día e garantizar que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades). Os calcetíns desparexados son unha acción simbólica que queren mostrar que aceptamos a diferencia, que estamos preparados para que todas as diferencias sean máis visibles nesta sociedade. Con este xesto, axudamos a por en relevo o feito de que as persoas con Síndrome de Down tamén teñen cabida entre nós.