Saídas e Obradoiros

AVISO PARA TOD@S @S NEN@S DO COLEXIO

Para rematar o curso, fai clic na imaxe e mira o que nos propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega... Anímate!!

 

Niños niños plantando árbol ilustración | Vector Premium

Visita ao Museo Ramón María Aller de Lalín

VISITA DOS CURSOS DE 3º E 5º DE E.P AO MUSEO RAMÓN MARÍA ALLER DE LALÍN

EXPOSICIÓN DE MARUXA MALLO E LUÍS SEOANE

 

Saída a Santiago de Compostela

A clase de 2º na saída do luns 3 de febreiro

Visita á cidade de Santiago de Compostela para asistir á representación teatral de

"A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O pasado martes o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria participaron nos obradoiros "O sabor da Aventura está no mar"

VIAXE A SEGOVIA

Os días 27,28 e 29 de maio o alumnado de sexto de primaria realizou a  viaxe de fin de Primaria a Segovia. Pasárono moi ben, deixámosvos unhas fotos coas actividades realizadas. 

 

VISITA POR MELIDE

O pasado luns, os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º de Primaria visitaron o casco antigo de Melide. Visitaron algúns dos establecementos, como a librería, a panadería e a pastelería de doces tradicionais da vila. Para rematar a visita subiron ata O Castelo, no que aproveitaron para merendar, xogar un anaco, e sacar unhas fotiños. Que ben o pasamos!

VISITA A APIPOLIS

Nas últimas semanas o alumnado de 5º, 6º de Educación Infantil e 1º de EP foron de visita a Apípolis. Alí coñeceron máis sobre as abellas e a súa importancia que teñen para nos. Durante a visita os nosos nenos e nenas puideron ver unha exposición, visitar o apiario vestidos de apicultores, realizar  a extracción, colado e envasado da mel dun panal e ata facer unhas saborosas galletas de mel. Que ben o pasamos!

VISITA ASANOG

Este luns os nenos e nenas  de Educación Primaria tiveron a visita da Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia (ASANOG). 

VISITA A SANTIAGO

O venres o alumnado de terceiro e cuarto viaxaron ata a capital de Galicia para disfrutar dun concerto didáctico da Real Filharmonia de Galicia, Mini Mozart. Despois do concerto merendamos no Parque da Música e por último visitamos a exposición Cómo hemos cambiado, no Centro Comercial As Cancelas. Nesta exposición trasladámonos as décadas dos 50, 60, 70 e 80 e vimos xoguetes, libros, discos, vehículos e outros obxectos destas décadas.

EXCURSIÓN A SANTIAGO

 

O alumnado de 5º e 6º de E.Primaria visitou a Xunta de Galicia, o Parlamento e o Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA).

 

Powered by Drupal - Design by artinet