Letras Galegas e Maios

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Hoxe domingo, día 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas 2020. Con este vídeo, recordamos a todos/as as persoas que fixeron a nosa lingua máis grande.

 

CAMPAÑA "DESCONFINAR" O GALEGO

As Bibliotecas Municipais da Coruña convídannos a participar nesta campaña enchendo esta semana as redes sociais de fotografías cun libro, cd ou filme galego diante da boca.

Pincha na imaxe e participa!!

 

OS MAIOS

 O pasado 14 de maio celebramos no colexio a Festa dos Maios, unha festa popular de orixes ancestrais que xa festexaban os celtas.

A festividade celta marcaba o inicio do verán. Hoxe en día, con esta celebración damos a benvida á primavera e adóitase facer a comezos do mes de maio. Consiste en realizar diferentes bailes, cancións e representacións ao redor dunha árbore ou escultura chamada maio. 

Festa dos Maios: Danzas de Europa

O pasado 16 de maio no colexio celebramos a Festa dos Maios, unha festa popular de orixes ancestrais que xa festexaban os celtas!

A festividade celta marcaba o inicio do verán. Na actualidade, esta celebración para dar a benvida á primavera adóitase facer a comezos do mes de maio. Consiste en realizar diferentes bailes, cancións e representacións ao redor dunha árbore ou escultura chamada Maio.

Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno

Deixámosvos un díptico para que coñezades mellor á escritora á que se lle adican este ano as Letras Galegas, Mª Victoria Moreno.

 

E para celebrar o día das nosas letras con moito ritmo e ledicia, tivemos a sorte de ter no colexio ao gran músico e actor Paco Nogueiras, co seu "Brinca vai"- Mirade que ben o pasamos!!

 

  

Powered by Drupal - Design by artinet