LISTAXES FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa podedes acceder ás listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de texto para o vindeiro curso 2021-22 todas familias que posuades Chave 365, seguindo:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/,  unha vez logueados, atoparedes a resolución na carpeta de Cidadán.

Coñecendo o CARRO GALEGO con 6º

O alumnado de 6º despídese do colexio Mestre Pastor Barral cun vídeo realizado tendo ao carro como protagonista. Agardamos que vos guste e que vos sirva para coñecer un pouco máis ao carro. Graciñas e ... ata sempre!!

O CARRO no noso colexio.

Dende o EDLG queixemos rematar este curso 2020-2021 rendendo unha homenaxe ao CARRO GALEGO que tan importante foi hai anos nas vidas das nosas familias. Coñecémolo mellor grazas á colaboración de Pepe Cabanas, gran amante dos carros.

PROCESO DE MATRÍCULA

Ábrese o prazo para a formalización da matrícula do novo alumnado para o vindeiro curso 2021-2022 admitido neste centro escolar. O prazo de matrícula está comprendido entre o 20 e o 30 de xuño.

Un saúdo

FROITA NA ESCOLA

Dende este luns 10 de maio e durante 15 días, os nenos e nenas do Ceip Mestre Pastor Barral terán unha peza de froita ( dependendo da froita que sexa) na hora do recreo, amorodos, melocotóns, plátanos.... 

Esta froita débese ao Programa Froita Fresca e Leite aos centros escolares da Consellería de Medio Rural.

PROGRAMA ARCO 2020-2021

Centro integrado no Programa Arco 2020-2021 financiado polo Fondo Social Europeo

PROGRAMA ARCO 2020-2021

ADMISIÓN CURSO 2021/2022

Desde mañá luns, 1 de marzo e ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

ENTROIDO 2021

Este ano atípico, disfrazámonos de diversas froitas e verduras. Aínda que non o puidemos celebrar todos xuntos, pasámolo xenial coas/cos nosas/os compañeiras/os!!

Premendo no seguinte enlace poderedes visualizar o noso video do Entroido: PREME AQUÍ

 

 

NIVEL MÁXIMO DE RESTRICCIÓNS

Dada a alta incidencia de casos da Covid 19 no noso Concello ( a día de hoxe a Consellería de Sanidade ven de notificar 60 casos positivos) pedímosvos que cando veñades traer ou recoller os nen@s gardedes as distancias. A ser posible que veña un só pai/nai e o máis cerca da hora de entrada ou de saída. Os nenos non saen antes da hora.

Tamén vós pedimos que na medida do posible vos autoconfinedes e saiades o imprescindible. 

Powered by Drupal - Design by artinet