ADMISIÓN CURSO 2021/2022

Desde mañá luns, 1 de marzo e ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

As solicitudes de admisión poderán presentarse a partir do día 1, tanto de xeito telemático na aplicación ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) como de xeito presencia no centro escolar que elixides como primeira opción, prazo que permanecerá aberto ata o 22 de marzo.

As solicitudes serán entregadas na secretaría do centro en horario de 10 a 11 horas.

Powered by Drupal - Design by artinet