Skip to Content

1º e 2º de Primaria

Recopilatorio Obradoiro Escritura

O longo do curso 2012-2013, os titores de 2º, puxemos en marcha un "Obradoiro de Escritura" para que os nosos alumnos e alumnas coñeceran os diferentes tipos de textos e souperan como enfrentarse a eles se tiveran ocasión.

Nenos traballando na aula en grupo

A ídea era dinamizar empregando o EDI da aula, de esa maneira a actividade podía resultar máis atractiva. Logo de un par de actividades co encerado, había que poñer mans a obra e realizamos diferentes dinámicas para poñer en práctica o aprendido. Foron moitas as experiencias: escribimos notas para a "neveira" da aula, fixemos listado de cousas necesarias para o San Maín, publicamos o noso "Libro de receitas", diseñamos carteis, puxemos anuncios, creamos os nosos caligramas, escribimos as nosas poesías e adiviñas. Pouco a pouco fomos traballando, tendo en conta que pásalo ben e aprender poden ir da man.

nena no edi

Aquí tedes o recopilatorio das actividades por se vos animades a poñelas en marcha. Premer no enlace

Os Castros

Os nenos e nenas de 2º estivemos traballando en Coñecemento do Medioa o tema das Épocas da Historia. Unha forma de seguir a Historia foi, xunto cos de 1º a realización dun mural, no que veíamos o uso da pedra o longo do tempo. Decidimos facer o noso propio castro. Os castros son construccións que se poden atopar en Galicia, pertencen a Época Clásica pero moi probable é que este tipo de construccións se fixeran moito antes.

O primeiro era facer a base de cartón. Trazamos un círculo e empezamos a poñer, pedriña a pedriña.

Pouco a pouco, fomos subindo as paredes. Seguro que moitos pensades que as cores non lles pegan. O certo é que non sabemos se os castreños pintaban as casas ou facían algún tipo de adorno. Así que decidimos facelas da cor que nos gustaría ter se viviramos nun castro.

Despis fixemos os tellados. Aproveitamos os parasoles de papel para adornar os xeados. Os pintamos e quedaron moi chulos.

O rematar, quedounos un castro do máis chulo, non sí? Esperamos que vos guste, tanto como disfrutamos facendo esta manualidad tan histórica.

O CONTACONTOS DE KALANDRAKA

 

 

O venres recibimos unha visita moi especial na nosa biblioteca. O contacontos da editorial Kalandraka, Patricia e Alex, e compartiron cos nenos e nenas de 1º algún contos.

Comezaron coa historia “Os petos de Loreto” é un orixinal mandilón cheo de petos a dalí ían sacando os contos.

Tamén contaron e cantaron “A galiña roxa” e a historia de criptor.

Foi unha experiencia fantástica e divertimonos moitísimo.

Grazas Patricia e Alex!

 

Se queredes ver máis fotos podedes visitar a Galería. Tamén podedes visitar o artigo da Biblioteca.

Visita o MUCYT

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria visitamos o Museo Nacional de Ciencias e Tecnoloxía (MUCYT) con sede en A Coruña. Nunha primeira visita foron os alumnos e alumnas de 2º e unha semana despois de 1º.

No museo deronnos a benvida unha parella de robots moi simpáticos. Tamen vimos diferentes tipos de ferramentas e máquinas antigas.

 

Robot MUCYT

O longo da visita aprendimos: a ver as diferenzas entre un coche antigo e moderno, os diferentes usos e formas que pode ter unha mesma ferramenta, como funciona o cine, coñecimos o primeiro ordenador que houbo en España, e o que máis nos emocionou, a bombilla do faro da Torre de Hercules.

 

O remate da visita entramos no "Lope de Vega". Un avión Boeing 747, coñecido como "Jumbo". Foi famoso por traer o Guernica a España dende Nova York. Foi moi emocionante, ademáis poidemos aprender de que están feitos os avións, os diferentes tipos de asentos e o que unha "caixa negra", que en realidade é laranxa.

 

Lope de Vega

Agradecer os monitores do MUCYT e o resto de traballadores do museo por ofrecernos unha visita tan interesante. Se queredes ver máis fotos, non dubides en visitar a nosa Galería.

Obradoiro de escritura: Os carteis

Os Obradoiros de Escritura están sendo do máis interesante. No último adicamos a nosa atención a como se elaboran os carteis cunha actividade no encerado dixital.

Unha vez que comprendimos como se elaboraban os carteis e que partes tiñan, formamos grupos en cada aula para elaborar o noso propio cartel. Como estamos a traballar o Medio Natural e os perigos que pode sufrir, decidimos facer carteis nos que defendimos ó Medio Natural.

 

O primeiro era poñerse de acordo no lema e o deseño. O cal non levou moito tempo porque traballar en grupo dásenos moi ben.

Unha vez rematados os carteles fixemos unha exposición en cada clase. Poñemos aquí unha pequena mostra do traballo realizado para que o disfrutedes.

CARTEL ELABORADO POR 2ºA

CARTEL ELABORADO POR 2ºA

 

CARTEL ELABORADO POR 2ºC

 

 

Os corpos xeométricos

En segundo estamos a traballar os corpos xeométricos (cubos, cilindros, prismas, pirámides, etc.).

As actividades que estamos a realizar son moi divertidas, empezando coas actividades no encerado dixital

Tamen realizamos cubos e pirámides empregando materiais para a construcción de corpos xeométricos.

Aquí podemos ver a Alonso mostrando o seu cubo, mentres Mar intenta ensamblar as pezas.

Foi unha maneira práctica e divertida de traballar os corpos xeométricos.

 

 

Libro de Recetas

Entroido

Xa estamo no Entroido, é aproveitando que estes días non para de chover, ímolo facer relacionado co mar. Que o temos aquí, o noso carón.

Como disfrazarse da moita fame, tomamos un chocolate e comimos as filloas, e outros postres típicos destas datas, que os de sexto trouxeron para todo o colexio. Moitas grazas.

Os nenos e nenas de 1º Ciclo tiñamos que disfrazarnos de animáis que viven nese medio. Os nenos e nenas de 1º fomos de pingüíns que como todos sabedes, son unhas aves que se adican a nadar e buscar a súa comida no mar máis frío do noso planeta.

Os compañeiros e compañeiras de 2º foron de percebes, o máis exquisito de todo o noso litoral. Mellor ca os de Roncudo!!!

Para rematar bailamos unha Batukada, que é un baile do máis moderno e animado. Se queredes ver máis fotos, visitade a nosa Galería.

O Quebranoces

Aproveitando a estrea do "Quebranoces", dentro do programa "Descubre a Música" organizado polo Concello da A Coruña, os nenos e nenas de 1º e 2º fomos ó Palacio da Opera en A Coruña.

 

A obra gustounos moito. A verdade é que foi unha novidade ver o ballet e a posta en escea, con mago e todo. Esperamos con moitas ganas participar de novo neste programa de actividades que nos axudan a descubrir a música.

Día da Paz

 

 

Os nenos e nenas do centro celebramos o Día da Paz, o pasado día30 de xaneiro.

Na aula falamos do que significaba ese día para nós e a importancia que ten para poder convivir todas as persoas da Terra. Despois nos xuntamos cos outros cursos para "limpar" aquelas cousas que menos nos gustaban na lavadora. Cada clase pintou unha prenda que representaba algo negativo e despóis de pasar pola lavadora convertíase nunha prenda limpa e cunha idea positiva. Se queredes ver máis podedes visitar a Galería .

A verdade é que o pasamos moi ben. O remate cantamos a canción sobre a Paz todos xuntos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut