Así, con esta pomba comezamos a celebración do "Día da Paz", o pasado 30 de Xaneiro.
Pola tarde, levamos a cabo a actividade "Lavado da Paz". Que é iso? Imolo ver.
Tivemos que buscar unha lavadora. Fomos as rebaixas e atopamos esta........
Cando os nenos xa estaban atentos........
comezou o traballo dos presentadores:
Raúl, Patricia e Ana, coa axuda dos compañeiros ían metendo na lavadora prendas de roupa que levaban escritas palabras que non deberamos escoitar case nunca tales como: marxinación egoísmo prisión............
Unha vez lavadas, saían palabras moito mais fermosas: paz, amor, integración, rir,...
Para rematar, todos xuntos cantamos "Cantarela dos nenos". Podedes ver mais fotos na galería.