Skip to Content

ADMISION E MATRICULA CURSO 23-24

Comunicamos as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as neste Colexio que entre o 1 e o 20 de Marzo poderán entregar a solicitude de praza debidamente cumprimentada, na secretaría do Centro. Tamén lembramos a todas as familias, con alumnado matriculado no Centro, que teñen garantida a praza escolar  sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos. A continuación aportamos os  documentos de interese para este proceso de admisión , pinchando neles poderán acceder aos documentos para velos ou imprimilos.

 

 

 

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE SOLICITUDES PARA O CURSO  2023- 24

 

 DO 1  AO 20 DE MARZO 

 OS IMPRESOS PÓDENSE RECOLLER NA SECRETARIA DO CENTRO , IMPRIMIR DA PAXINA WEB DO CENTRO OU NA APLICACIÓN "ADMISION ALUMNADO" A TRAVÉS DA CAL TAMÉN PODEN REALIZAR TODO O  O PROCESO DE ADMISIÓN, CUBRIR OS IMPRESOS, IMPRIMILOS.... E CONSULTAR A LEXISLACION AO RESPECTO

 ENLACE A ADMISION ALUMNADO (pinchar)

 

 

www.edu.xunta.es/centros/ceipoteropedrayo

  IMPRESOS MATRICULA

 Documentacion Xeral Necesaria para solicitar a Admisiónque deberán aportar todos/as  os/as  solicitantes .

 

Solicitude de Permiso para ir andando só da parada do bus á casa (só para E. Primaria).Para entregar á acompañante de bus

 

SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE 23-24

 COMEDOR E TRANSPORTE
Infórmase que segundo o Decreto de admisión e a  Orde de admisión establécense as datas e normas para a SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE, así,  a solicitude FARASE NO MES DE ABRIL no cal  TODO O ALUMNADO QUE QUEIRA FACER USO DESTES SERVIZOS(tanto os de nova matrícula como os que xa están matriculados no centro) DEBERAOS SOLICITAR  ENTREGANDO A DOCUMENTACION SEGUNDO A MODALIDADE POLA QUE SE SOLICITE.:

 

·      Alumnado transportado : padrón

 ·      Por incompatibilidade horaria:certificados empresa con horarios

 ·       Por familia numerosa: título familia numerosa vixente

 ·       Por motivos socioeconómicos... : informe social..

 ·       Violencia de xénero : documentación acreditativa

 

IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE

 

 

ELECCIONS AO CONSELLO ESCOLAR

Este ano celébranse eleccións ao Consello Escolar. Un órgano no cal está representada toda a comunidade educativa: pais, mestres, persoal administrativo e de servizos, anpa, concello...

Informaremos puntualmente de todas as fases polas que vaia pasando o proceso a través dos alumnos, mais, como información relevante deste proceso adiantámosvos a seguinte:

·         Renóvanse 2 pais dos 5 que forman parte do Consello.

·         Renóvanse 2 mestres dos 5 que forman parte do Consello.

·         As votacións levaranse a cabo, salvo que xurda algún contratempo, o 28 de Novembro de 16:00 a 20:00  da tarde no centro.

·         Teñen dereito a votar os pais/nais ou titores legais do alumnado matriculado que figure no censo, podendo votar ambos se así o desexan.

·         O Voto será directo, secreto e non delegable.

·         Votarase en papeletas aprobadas pola Xunta Electoral do Centro que estarán dispoñibles no lugar da votación.

·         Para poder votar será necesario presentar un documento que acredite a personalidade : DNI ou documento similar.

ACTIVIDADES MAGOSTO 2022

Xa chega o magosto. Aquí vos queda un enlace con actividades para realizar co voso alumnado.

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO EDIXGAL.

Premendo na imaxe accederedes ao folleto informativo para as familias sobre o edixgal.

Se queredes coñecer algo máis sobre o proxecto edixgal podedes acceder á súa paxina web

REUNION 2º

 

REUNIÓNS 1º, 3º E 4º

 

INFORMACION ENTRADAS E SAÍDAS AO CENTRO

Achégase información sobre as  entradas E saídas do centro. Unha vez eliminadas a maioría das restriccións por COVID retómase a normalidade nas entradas e saídas. Achegase no mesmo documento información sobre a organización do 1º día de clase no referente á formación das filas de entrada.

Lémbrase ás familias que durante os primeiros días poden acompañar ao alumnado ao interior do recinto sen interrumpir a formación das filas nin acceder ao centro no caso de ter que traer material  ata que se lle indique.

Un saúdo

INFORMACION ACCESO E FILAS

 

INICIO CURSO ESCOLAR 22-23

 

Aquí vos deixamos os LISTADOS DAS AULAS. Solo tedes que pinchar no enlace.

- Listados aulas primaria

- Listados aulas infantil

 

LISTADOS MATERIAL PARA O CURSO 2022-23: nos seguintes enlaces poñeremos os listados de material segundo nolos vaian dando as profes.

- Listado material 5º EP

- Listado material 6º EP

- Listado material 1º EP

- Listado material 2º EP

- Listado material 3º EP

- Listado material 4º EP

COMEDOR 20 22-23 : INFORMACIÓN, LISTAXES PROVISIONAIS , COLABORADORES

LISTAXE COMEDOR DEFINITIVA CURSO 22 -23

  • Número de prazas ofertadas  ---------------------------------  455
  • Número de prazas cubertas -----------------------------------  455

Antes do 7 de Setembro todo o alumnado admitido ao comedor deberá presentar na secretaría do centro  o MODELO DE AUTODECLARACION que poden descargar aquí. De non presentalo antes desa data, consignaráselle 4,50 euros por día e uso.

INSTRUCCIÓN 2/2022 FUNCIONAMENTO COMEDORES ESCOLARES DE XESTION DIRECTA

INFORMACIÓNCOLABORADORES/AS COMEDOR : NOVIDADE IMOPORTANTE PARA PODER TRABALLAR COMO COLABORADOR/A CURSO 2022-2023

Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás/ acolledores familiares do alumno/a, excolaboradores, persoal de ONG.

Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamento ao inicio de curso. Aquelas nais/pais, excolaboradores, con dispoñibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

As condicións do traballo son as seguintes:

  • Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas
  • En horario de 14:150 a 15:30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 
  • En horario de 15:30 a 16:30 faranse quendas de colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses , pais ou os mestres de garda da tarde na biblioteca/ludoteca.
  • A relación laboral será de colaborador/a – voluntario/a.
  • Cobrarase 12,50 euros día que a Consellería aboará trimestralmente.

No curso 2022-23 hai modificación en canto aos colaboradores do comedor xa que, con carácter excepcional, ampliase a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixilancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente, a outros familiares dos alumnos comensais, a ex-colaboradores deste servizo, a persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así como a persoal que participe en programas de voluntariado social (Concellos, ONGs).

Aquelas persoas que contedes con dispoñibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro e descargar aquí a solicitude

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut