Skip to Content

Consello escolar

ELECCIONS AO CONSELLO ESCOLAR

Este ano celébranse eleccións ao Consello Escolar. Un órgano no cal está representada toda a comunidade educativa: pais, mestres, persoal administrativo e de servizos, anpa, concello...

Informaremos puntualmente de todas as fases polas que vaia pasando o proceso a través dos alumnos, mais, como información relevante deste proceso adiantámosvos a seguinte:

·         Renóvanse 2 pais dos 5 que forman parte do Consello.

·         Renóvanse 2 mestres dos 5 que forman parte do Consello.

·         As votacións levaranse a cabo, salvo que xurda algún contratempo, o 28 de Novembro de 16:00 a 20:00  da tarde no centro.

·         Teñen dereito a votar os pais/nais ou titores legais do alumnado matriculado que figure no censo, podendo votar ambos se así o desexan.

·         O Voto será directo, secreto e non delegable.

·         Votarase en papeletas aprobadas pola Xunta Electoral do Centro que estarán dispoñibles no lugar da votación.

·         Para poder votar será necesario presentar un documento que acredite a personalidade : DNI ou documento similar.

Distribuir contido


by Dr. Radut