Este ano, grazas ao programa VOZ NATURA, recuperamos un espazo interesante que estaba en malas condicións, o invernadoiro. Xa fixemos unha visita e plantamos sementes de árbores autóctonas: castaños, carballos. Tamén plantamos acivros e outras especies. Vimos como estaba montado un invernadoiro, cal era a súa función, como é o proceso do regar e sobre todo... disfrutamos moito plantando a nosa semente. Agora só queda agardar a ver cantas árbores saen e se fora posible plantalas.
Aínda non está rematado todo o proceso de arranxo do invernadoiro pero pouco a pouco esperamos ter un espazo no que divertirnos e aprender.
Ademais, puidemos ver como é un composteiro e como funciona.
Deixámosvos unha fotos para que o poidades ver.
Así estaba o invernadoiro
Agora temos este espazo:
Antes de entrar vimos como era un composteiro, como funcionaba e como se producía o COMPOST. Estas son algunhas fotos:
Despois de ver o composteiro, pasamos ao invernadoiro e plantamos: