Skip to Content

Biblioteca

E ti... que vas ler?

Para rematar o curso, como cada ano, nos comparten dende o equipo de biblioteca unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS para este verán.

Pinchade na imaxe e poderedes ver un montón de exemplares que seguro terán éxito!

Se ledes algún exemplar podedes compartir a vosa opinión mandando un email a bibliolaracha@gmail.com, a través de texto ou vídeo, que compartiremos á volta das vacacións en setembro.

E con isto pechamos a nosa biblio ata o próximo curso bibliopingueirxs!

Un curso moi intenso, no que dende o equipo de biblioteca, esperamos que as propostas realizadas vos gustarán e serviran, sobre todo, para aprender dun xeito diferente.

Moitas grazas a todo o alumnado do cole, especialmente aos colaboradores e colaboradoras que pasaban o recreo axudando. Tamén agradecer a partitipación de todo o profesorado.

Unha aperta xigantesco!

FELIZ VERÁN! =)

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

Ola familias!!!

Xa rematou o curso pero dende o equipo da biblio queren que vos divirtades moito no verán e que mellor forma de facelo que cun LIBRO.

Así que nos deixan un montón de recomendacións para que as teñades en conta.

 

O noso blog: bibliopingas

Toda a información sobre a biblioteca do centro pódela atopar no noso blog:

http://bibliopingas.blogspot.com/

 

Agardamos a túa visita.

BIBLIOTECA OTERO PEDRAYO: MES DO LIBRO

Ola a todos/as.

Desexando que tanto vós como as vosas familias estedes ben, invitámosvos a participar nunha actividade da Biblioteca durante este mes de Abril para conmemorar o MES DO LIBRO.

esperamos que vos guste e disfrutedes con ela.

  • PARTICIPA CON NÓS!!!!!!!

ACTIVIDADE MES DO LIBRO

As normas da biblioteca

Para que todos podamos gozar da biblioteca é importante que cumpramos as normas.

NORMAS DA BIBLIOTECA

 

 

Chegan as vacacións

hipopótamo e páxaro lendo

Dende a Dinamización da Biblioteca queríamos agradecer a todos nenos e nenas do colexio por vir a biblioteca, coller e ler libros, participar cos vosos libros nas exposicións e lendo nas sesións de lectura. Queremos agradecer en especial aos nosos colaboradores por axudar nos recreos a que a nosa biblioteca funcione coma nunca. Grazas aos mestres e mestras por estar ahí sempre que pedíamos a vosa colaboración. Grazas e disfrutar dun merecido descanso. Non deixedes de disfrutar coas lecturas este verán e vir coas pilas postas para o víndeiro curso. Aos nenos e nenas que van para o instituto, moita sorte na nova etapa que ides empezar.

Foi un bo ano con máis de 1500 prestamos e uns 300 exemplares adquiridos. con sesións de lectura, exposicións e actividades de todo tipo. Vémonos en setembro. Ata pronto.

Sesión de Poesía.

grupo de lectura poesía

 

O 22 de maio, o ser un mes no que está tan presente a primavera, decidimos realizar unha sesión adicada a poesía. Participaron nesta sesión, Paula Lubián, Daniela Pena, Uxía Varela e Iváns Iglesias de 2ºD. Alba Serén, Navea Cancela, Daniel Muíño e Jennifer Esmorís de 3ºB. Xenxo Lens, Agustín Bande e Susana Varela de 3ºC. Alejandra Montes, Lara Fernández, Ainhoa Queijeiro e Nicole Candal de 4ºA. Jana González e Nuria Regueira de 5ºA. Ana Leal e Laura Varela de 5ºB. Iván Romero e Bruno Santiago de 5ºC. Como vedes, unha chea de nenos e nenas que nos leron poesías de Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Federico García Lorca, Uxío Novoneyra, Mª Jesús Jabato e Xosé Mª Díaz Castro.

nenos e nenas lendo

 

O rematar a sesión de lectura, repartimos os marcapáxinas personalizados para a ocasión. Moitas grazas os nenos e nenas que participaron e aos que asistiron a escoitar. Foi a última sesión do curso e non puidemos ter mellor peche.

 

nenos e nenas con marcapáxinas

 

Día do Libro

 

portada libro, andanzas de don quijote

O día 23 de abril celebramos o "Día do Libro", coa lectura de "Andanzas de Don Quijote y Sancho", unha adaptación da obra de Cervantes, realizada por Concha López Narváez e editada por Bruño. Foi unha maratón na que participamos diferentes clases de todo o centro. Dende os de primeiro ata sexto.

nenos lendo o quijote

 

O longo da mañá fomos pasando os nenos e nenas, mentras un curso lía a sua parte, o resto escoitaba con atención.

 

nenos lendo

 

A Biblioteca organizou, coa colaboración dos nenoe e nenas do centro, unha exposición dos libros preferidos. O longo de duas semanas, podíamos ir a sala de exposición e ler os libros do resto de compañeiros e compañeiras.

 

nenos lendo na exposición

 

Foi un día no que queríamos destacar a importancia da lectura no noso lecer. Dende a Biblioteca queremos agradecer aos mestres e mestras por participar na celebración deste día, e aos nenos e nenas do noso centro por ler e disfrutar. Grazas.

nenos lendo e escoitando

 

Obradoiro de Escritura de Kalandraka

O pasado 11 de Abril os nenos e nenas de quinto fixemos un obradoiro de expresión escrita na biblioteca do cole. Traballamos cun libro titulado "Imaxina animais"

pintalabios animal
O autor deste libro describía unha serie de animais fantásticos que eran metade obxecto, metade animal como por exemplo o platafiño. Estes seres tiñan características dos animais que os compoñían (mamíferos, acuáticos..etc) pero tamén dos obxectos (serraban madeira, alumeaban...).

 

gaita galiña


Partindo destes exemplos, elaboramos nos unha serie de animais fantásticos, así como as súas descricións.

tuba e tiburón

 

 

 

 

animal imaxinario

 

Visita de Kalandraka

O 3 de abril, viñero a nosa biblioteca Cristina e Álex. Viñeron cunha maleta chea de contos e un acordeón. Foi unha visita organizada pola Biblioteca do colexio e máis a editorial Kalandraka, que edita moitos dos contos que máis nos gustan.

 

Cristina e Álex cos nenos e nenas

O primeiro dos contos que nos contaron foi o de "Mamá", un conto moi bonito sobre esas persoas que nos coidan e queren moito, coñecimos moitos tipos de mamás neste fermoso libro. Aquí tedes unha pequena mostra, deste fermoso libro.

 

 

O seguinte conto foi o de "Boas Noites, Bufo!", e con canción e todo, unha maravilla. Pobre Bufo, tenta durmir pero os animáis que están arredor non o deixan. Participamos na canción ata chegar ao final, onde Bufo, Bufo... xa veredes o que fixo Bufo. Disfrutade da canción, tanto coma nós.

 

Tamén temos unha pequena mostra para que podades ver que conto máis chulo.

 

Por último todo un clásico, "Onde viven os monstros", neste conto Max, un neno moi rebelde, vai castigado para a súa habitación, pero Max non para quieto e escapa ata chegar a unha illa chea de monstros, saldrá airoso Max desta aventura?. Aquí tedes unha mostra deste conto que aínda de ser un conto con moitos anos, segue sendo moi novedoso.

 

E aquí remata a visita de Cristina e Álex, moitas grazas por vir, coa vosa maleta e o acordeón, foi unha experiencia maravillosa. Ata pronto!!!

mostros na maleta

Distribuir contido


by Dr. Radut