Skip to Content

1º e 2º de Primaria

PROGRAMACIÓNS CURSO 21-22 1º E 2º EP

Pinchando nos enlaces podedes acceder ás programacións de 1º e 2º de educación primaria.

PROGRAMACION 1º EP

PROGRAMACION 2º EP

Excursión de 2º a Aldea Nova

Os nenos e nenas de 2º foron a celebrar o final de curso a Aldea Nova, en Neda. Queríamos pasar un día en contacto coa Natureza e aprendendo a partir de experiencias de como se vivía no campo. As actividades estaban organizadas para que fosen rotando e así puideran alternar xogos e obradoiros. Ao ter unha gran variedade fixo que fose todo moi cómodo, non houbo que realizar grandes esperas e os monitores puideron desenvolver as tarefas atendendo de maneira cómoda a cada grupo.

 

Montar a cabalo foi do máis divertido, aínda que tiveran que esperar por quendas. Era moi bo e manso. Daban un par de voltas por un pradiño. O malo era o vento que facía, os que estaban sentados estaban ben xuntiños para darse calor e facer máis levadeira a espera.

A elaboración de experimentos foi un obradoiro dos máis divertidos, fixeron mensaxes secretas e elaboraron un foguete que fixeron voar fora. Tamén participaron na elaboración de pan, xogaron a xogos populares e foron castreños por un día. Todo isto o podedes ver mellor no vídeo que elaboramos.

 

 

 

 

 

Actividades durante o curso

Ademáis das actividades xa comentadas nesta páxina, neste curso os alumnos e alumnas de 2ºC fixemos outras. Aquí podedes ver algunhas.

Disfrazámonos e celebramos o Samagosto.

2ºC no Samagosto

Observamos os minerais no laboratorio.

2ºC cos minerais

No Entroido difrazámonos de presentadores do fantástico circo do colexio.

2ºC presentadores

Traballamos con diferentes tipos de textos. Nesta ocasión, as receitas.

2ºC manipulando receitas

2ºC escribindo menús

Desde a biblioteca propuxeron a actividade de "Padriños Lectores" para celebrar o día do Libro. Gustounos tanto a experiencia que cada mércores lles imos ler aos nosos apadriñados.

 Ao final de curso traballamos o teatro. Preparamos unha obra de monicreques. Fixemos de todo: organizar a obra (época da Historia, personaxes...), escribir o texto, pintar os decorados e fabricar os monicreques reutilizando materiais. Despois repartimos os papeis, ensaiamos e representamos a obra aos compañeiros de 3 anos.

Aquí estamos nun dos ensaios á sombra das árbores do patio.

Festival de Nadal

As titoras e titores de 2º desexamos que pasedes unhas Felices Festas. Os deixamos a actuación deste curso 16-17, esperamos que vos guste.

 

 

Excursión Planetario - MUNCYT

Os nenos e nenas de 2º visitaron o Planetario da Casa das Ciencias de A Coruña, para aprender un pouquiño máis sobre o Sistema Solar. Despois foron ao MUNCYT a aprender sobre máquinas enormes, coñecer o avión "Lope de Vega" e fabricar un helicoptero.

Xa que non foi posible que viñerades a excursión, fixemos este vídeo para que o desfrutedes.

Excursión de Final de Curso 2º

O fin do curso xa está aquí. É o momento de despedirse e para iso fomos a Baldaio ao campo de golf para participar en actividades de todo tipo

  

Como podedes ver no vídeo participamos en moitas actividades: hinchables, golf, tiro con arco, tirolina... Pasámolo moi ben, tivemos sorte e o día foi moi bo. Se queredes ver as fotos, podedes visitar a Galería, onde temos colgadas as fotos de todas as actividades.

 

Traballamos cos pentominós

Os nenos/as de 2ºA traballamos cunha especie de xogo chamada pentominó. Son doce pezas diferentes de cinco cadrados cada unha.

Hai que construír polígonos.

É bastante fácil facer o de tres pezas pero non fixemos o de todas as pezas.

  

   

  

Temos unha planta nova

Un día atopamos unha póla de buxo tirada no patio. Levámola á clase e metémola nun bote con auga.

  

Despois de varias semanas saíronlle raíces.Hoxe plantámola nunha maceta.

  

Máis adiante contaremos como foi a evolución da nosa nova planta.

As alumnas e os alumnos de 2º A                                     

Que número saíu máis veces?

O xoves 26 de marzo os nenos e nenas de 2ºA xuntámonos de novo cos de 1ºB na súa aula. Esta vez para traballar cos dados, as táboas e as gráficas.

       

A actividade consistiu en que cada neno e nena de 1º, coa axuda dun de 2º,  tiña que lanzar un dado vinte veces,  anotar nunha táboa as veces que saía cada número e despois contalas. O obxectivo era facer unha gráfica para anallizar os datos totais de toda a clase.

A resposta a pregunta é que  saíu máis veces o número 1.

Aprendemos matemáticas xuntos

Os nenos e nenas de 2ºA recibimos unha invitación dos de 1ºB para traballar matemáticas con eles. Así que unha tarde fomos a súa clase. 

Sentámonos mesturados e repartímonos en dous grupos: uns empezaban co tangram e os outros cos polígonos encaixables. Na metade da tarde cambiamos.

Os compañeiros e compañeiras de 1º ensináronnos os seus tangram e como se traballaba con eles.

- Que fácil!-pensamos.

Pero non o é. Cando empezamos nós vimos o complicado que era rematar cada composición. Que ben o facían eles! 

Nós, os de 2º, traballaramos cos polígonos encaixables e sabiamos facer moitos corpos xeométricos. Eles fixeran o cubo e o tetraedro e a nosa tarefa foi axudarlles a facer outros.

Ao rematar, recollimos todo o material e a aula.

Pasámolo moi ben, aprendimos matemáticas e coñecémonos un pouco máis. Cando repetimos?

Distribuir contido


by Dr. Radut