Skip to Content

LIBROS TEXTO E AXUDA A MATERIAL

SOLICITUDE AXUDAS LIBROS , FONDO LIBROS, MATERIAL CURO 2024-2025

Ven de publicarse a Orde do 7 de Maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria

  • Lembrar que o centro está no programa EDIXGAL (libro electrónico) polo que o alumnado  5º e 6º non usarán libro físico e a principio do curso 2024-2025 repartiráselle un ordenador persoal. Estes niveis, sí poderán solicitar axuda para material de cumprir os requisitos.
  • Mantéñense os libros de 3ºe 4º Primaria. Serán os mesmos que se utilizaron no curso 2023-24.

O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O 21 DE XUÑO.

FORMAS DE SOLICITALO.

Hai tres formas de solicitar as axudas:

 O anexo II deberá imprimirse e cubrila manualmente, asinala e logo engadila como un anexo  na solicitude. Tamén se deberá engadir como anexo , de cubrila en sede electrónica, o libro de familia e outros 

COLABORADORES/AS DE COMEDOR

 

Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás colaboradores. Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamento.

Aquelas nais/pais, titores legais ou acolledores legais que contedes con dispoñibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

 

  • As condicións do traballo son as seguintes:
  • Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas
  • En horario de 14:150 a 15:30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 
  • En horario de 15:30 a 16:30 faranse quendas de colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses , pais ou os mestres de garda da tarde
  • A relación laboral será de colaborador/a – voluntario/a.
  • Asinase un documento de colaboración.
  • Debe achegarse certificación negativa do rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
  • Cobrarase 12,50 euros día que a Consellería aboará trimestralmente.

 

SOLICITUDE COLABORADOR/A

 

ADMISION E MATRICULA CURSO 24-25

Comunicamos as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as neste Colexio que entre o 1 e o 20 de Marzo poderán entregar a solicitude de praza debidamente cumprimentada, na secretaría do Centro. Tamén lembramos a todas as familias, con alumnado matriculado no Centro, que teñen garantida a praza escolar  sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos. A continuación aportamos os  documentos de interese para este proceso de admisión , pinchando neles poderán acceder aos documentos para velos ou imprimilos.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE SOLICITUDES PARA O CURSO  2023- 24

 DO 1  AO 20 DE MARZO 

 OS IMPRESOS PÓDENSE RECOLLER NA SECRETARIA DO CENTRO , IMPRIMIR DA PAXINA WEB DO CENTRO OU NA APLICACIÓN "ADMISION ALUMNADO" A TRAVÉS DA CAL TAMÉN PODEN REALIZAR TODO O  O PROCESO DE ADMISIÓN, CUBRIR OS IMPRESOS, IMPRIMILOS.... E CONSULTAR A LEXISLACION AO RESPECTO

 ENLACE A ADMISION ALUMNADO (pinchar) 

www.edu.xunta.es/centros/ceipoteropedrayo

INFORMACION ÁS FAMILIAS

LEXISLACION APLICABLE

  IMPRESOS MATRICULA

 Documentacion Xeral Necesaria para solicitar a Admisiónque deberán aportar todos/as  os/as  solicitantes .

 

 SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE 24-25

 COMEDOR E TRANSPORTE

Infórmase que segundo o Decreto de admisión e a  Orde de admisión establécense as datas e normas para a SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE, así,  a solicitude FARASE NO MES DE ABRIL no cal  TODO O ALUMNADO QUE QUEIRA FACER USO DESTES SERVIZOS(tanto os de nova matrícula como os que xa están matriculados no centro) DEBERAOS SOLICITAR  ENTREGANDO A DOCUMENTACION SEGUNDO A MODALIDADE POLA QUE SE SOLICITE

 ·       Alumnado transportado : padrón.

  •     Por incompatibilidade horaria:certificados empresa con horarios.

 ·       Por familia numerosa: título familia numerosa vixente.

 ·       Por motivos socioeconómicos... : informe social.

 ·       Violencia de xénero : documentación acreditativa.

IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE

 

XORNADA PORTAS ABERTAS

Se queredes vir a coñecer o noso cole apuntade a seguinte data nos vosos calendarios.

PROBAS DIAGNOSTICAS 4º E. PRIMARIA

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de facer pública no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se ditan as instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico que atinxen a 4º de Educación Primaria e 2º de Secundaria, tal e como obriga o Ministerio de Educación a través da actual lei educativa estatal LOMLOE.

As avaliacións aplicaranse en todos os centros educativos onde se impartan estas ensinanzas

Avaliaranse as competencias matemática e lingüística en lingua e literatura galega, e castelá e en lingua estranxeira

As probas terán carácter informativo, formativo e orientador para o centro, que recibirá información sobre os resultados acadados polo conxunto do seu alumnado por etapa e competencia avaliada

 

DATAS DE CELEBRACIÓN : 10 e 11 de ABRIL.

PAGO TASAS COMEDOR

Como xa sabedes, xa non se van a mandar para casa os impresos do pago de tasa de comedor xa que dende ABALAR podedes facer o pago telematicamente ou ben imprimir o impreso de pago e levalo ao banco.

Neste documento podedes ver as instruccións para poder facelo.Ven de facerse unha modificación para que a aplicación lles xenere un xustificante de pago e ao mesmo tempo nos apareza o pago ao centro na aplicación de comedores (Punto 4 referente ao pago e impresión de documento).

Se tedes algunha dúbida poñedevos en contacto co centro para axudarvos a solucionala.

Asemade lembrámoslles que no caso de non realizar o pago desde a aplicación (descargando o documento e pagando nunha sucursal bancaria  ou por ATRIGA) deberán enviarnos ao centro unha copia de haber realizado o pago.

Grazas

FELICES FESTAS

 

COMEDOR ESCOLAR 23-24

LISTAXES DEFINITIVOS  COMEDOR ESCOLAR

COLABORADORTES/AS COMEDOR

AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS COMEDOR

O alumnado ADMITIDO no comedor deberá entregar na secretaría do centro o modelo de "AUTOLIQUIDACIÖNDE TAXAS" DEBIDAMENTE CUBERTO E ASINADO ANTES DO 11 DE SETEMBRO.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut