O Entroido no Otero pedrayo estivo adicado á nosa Galiza, a Galiza máxica que estivo representada por:
-o traxe tradicional galego
- as pitas de eiroás
- os volantes de chantada
- os lobishomes e lobismulleres
- os nubeiros
- os trasnos
- a santa compaña
- os peregríns
- os polbos
Fixemos un desfile e celebramolo no centro cunha chocolatada e produtos típicos do entroido. Aquí vos deixamos un video resumen para que vexades que ben o pasamos.
Comunicamos as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as neste Colexio que entre o 1 e o 20 de Marzopoderán entregar a solicitude de praza debidamente cumprimentada, na secretaría do Centro. Tamén lembramos a todas as familias, con alumnado matriculado no Centro, que teñen garantida a praza escolar sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos.A continuación aportamos os documentos de interese para este proceso de admisión , pinchando neles poderán acceder aos documentos para velos ou imprimilos.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE SOLICITUDES PARA O CURSO2022- 23
DO 1AO 21 DE MARZO
OS IMPRESOS PÓDENSE RECOLLER NA SECRETARIA DO CENTRO , IMPRIMIR DA PAXINA WEB DO CENTRO OU NA APLICACIÓN "ADMISION ALUMNADO" A TRAVÉS DA CAL TAMÉN PODEN REALIZAR TODO O O PROCESO DE ADMISIÓN
No documento adxunto podedes ver un resumo do novo protocolo en caso de contaxio polo covid ou de ser contacto estreito. É importante que prestedes atención na súa lectura xa que hai algun cambio de como se fixo ata o de agora, sobre todo nas duracións das corentenas e nos contactos estreitos. Un saúdo.
Xa estamos de volta! Estamos preparando todo para volver a ter o cole cheo de nen@s. Estade moi atentos á página web porque por aquí colgaremos toda a información importante para o comenzó de curso. Un saúdo