Skip to Content

1º e 2º de Primaria

Visita ao Concello

Os nenos e nenas de 1º decidimos ir ao Concello da nosa localidade. Así aproveitamos que estivemos a traballar a localidade, o concello, as profesións e os medios de comunicación.

 

cruzando con policia

 

Fomos andando ata o Concello onde nos recibiu o Alcalde D. Jose Manuel López e a Concelleira Dña. Patricia Bello. Fomos ao Salón de Plenos, e alí atenderon as nosas preguntas. O alcalde explicounos en que consistia o seu traballo e que servizos proporcionaba o Concello. Ensiñounos o Concello por dentro, o seu despacho e o balcón.

alcalde e concelleira

 

Tamén vimos un coche de policía local e un de bombeiros de Protección Civil. Deixarónnos xogar coa mangueira, coas luces, sereas e altofalantes dos coches. Foi moi divertido.

vendo o coche policia

O rematar a visita fomos a un parque onde merendamos e despois xogamos.

nenos xogando

Como tiñamos que mandar a postal a un compañeiro ou compañeira de outra clase, veu a carteira que recolleu as postais. A ver cando nos chegan.

 

nenos e nenas entregando postal

O pasamos moi ben, se queredes ver o resto de fotos, premede na seguinte ligazón: Albúm Visita ao Concello

Tamén temos este video para que vexades o ben que o pasamos.

 

Visita Casa do Queixo

Este curso, para celebrar o remate do mesmo, fomos a "Casa do Queixo" de Sobrado dos Monxes.

 

charla na casa do queixo

O pasamos moi ben porque fixemos varias actividades. Como eramos moitos, o chegar, nos dividiron en catro grupos porque tiñamos catro actividades para facer. Unha delas era a horta, onde aprendimos a sacara as malas herbas, facer regos e plantar unha leituga que logo levamos a clase.

 

nenos sacando malas herbas

 

Outra das actividades era unha ginkana, onde participamos facendo diferentes xogos moi divertidos.

 

nenos xogando a carretilla

 

A "Casa do Queixo" chámase así porque fan queixo co leite das vacas. Alí aprendimos moitas cousas sobre o queixo e elaboramos o noso propio queixo. Tamén o comemos, recien feito.

nenos facendo queixo

 

 

Por último, estaba a actividade de visita aos animais, o que máis nos chamou a atención foi o avestruz. Acariciamos os cabalos e o burro. Tamén aprendimos que os porcos comen de todo, e por iso tiñamos que ter coidado coas mans. O queixo que non acabamos de comer, foi para os porcos, que lles encanta o sabor.

 

nenos vendo un burro

 

Podedes ver o ben que o pasamos no video e o resto das fotografías no albúm que esta na Galería, premer na ligazón: Albúm "Casa do Queixo". A ver cando volvemos.

 

 

Visita de Kalandraka

O 3 de abril, viñero a nosa biblioteca Cristina e Álex. Viñeron cunha maleta chea de contos e un acordeón. Foi unha visita organizada pola Biblioteca do colexio e máis a editorial Kalandraka, que edita moitos dos contos que máis nos gustan.

 

Cristina e Álex cos nenos e nenas

O primeiro dos contos que nos contaron foi o de "Mamá", un conto moi bonito sobre esas persoas que nos coidan e queren moito, coñecimos moitos tipos de mamás neste fermoso libro. Aquí tedes unha pequena mostra, deste fermoso libro.

 

 

O seguinte conto foi o de "Boas Noites, Bufo!", e con canción e todo, unha maravilla. Pobre Bufo, tenta durmir pero os animáis que están arredor non o deixan. Participamos na canción ata chegar ao final, onde Bufo, Bufo... xa veredes o que fixo Bufo. Disfrutade da canción, tanto coma nós.

 

Tamén temos unha pequena mostra para que podades ver que conto máis chulo.

 

Por último todo un clásico, "Onde viven os monstros", neste conto Max, un neno moi rebelde, vai castigado para a súa habitación, pero Max non para quieto e escapa ata chegar a unha illa chea de monstros, saldrá airoso Max desta aventura?. Aquí tedes unha mostra deste conto que aínda de ser un conto con moitos anos, segue sendo moi novedoso.

 

E aquí remata a visita de Cristina e Álex, moitas grazas por vir, coa vosa maleta e o acordeón, foi unha experiencia maravillosa. Ata pronto!!!

mostros na maleta

Entroido no 1ºCiclo

Xa podedes disfrutar das fotos do Entroido na nosa Galería. O tema deste ano foi a "Horta".

Os nenos e nenas de 1º foron disfrazados de mazás con gusano e todo, tal como podedes ver na foto.

 

O alumnado de 2º foi de simpáticas cenorias, tiñan tan bo aspecto que case facemos unha ensalada con elas.

No desfile bailamos unha "batucada" e logo fomos a tomar o chocolate con filloas, orellas e roscas que trouxeron o día anterior. Moitas grazas por todo eses ricos doces.

Excursión a Belas Artes

O museo de Belas Artes de A Coruña, é un museo no que podemos obras de arte, coma cadros ou esculturas. Nesta saída invitáronos a participar nun percorrido a través de diferentes cadros. Aquí podedes vernos, agardando a que nos reciban.

nenos e nenas agardando

Fomos en dous grupos, en cada un deles o monitor ou monitora nos mostrou diferentes cadros e esculturas. Cada un deles tiña unha historia, e nós tinámos que tratar de adiviñala. Vimos dende persoas que eran descubertas facendo trampas as cartas, unha escola que non se parecía a nosa, unha historia dun sono baseado nun cadro de Urbano Lugrís... e moitos máis.

atendendo a unha explicación

Foi divertido, non explicaban os cadros, contaban historias moi interesantes, e aprendimos moitas cousas. A principal delas é que temos que fixarnos máis cando vemos unha obra de arte. Os artistas tratan de contarnos unha historia, pintando ou esculpindo un instante. Na foto de arriba costounos adiviñar que esa escultura tan pesada era en realiadade un corredor. O que foi moi divertido foi disfrazarnos de mosqueteiros, perdoade a calidade da foto, pero nos museos non se pode empregar o "flash" da cámara de fotos, pode estragar os cadros.

neno disfrazado de mosqueteiro

Para rematar, fixemos a nosa adaptación do cadro "O mercado". Como levabamoito tempo, o rematamos na aula. Foi unha saída moi divertida e entretida.

Aquí tedes unha pequena mostra dos traballos realizados.

 

Contos de Samaín de 1º

No día de Samaín empezamos a nosa horta de contos. Elaboramos un conto de medo poñendo como queríamos, personaxes, obxectos e cores. Desta forma realizamos contos moi diferentes como podedes ver:


Tiri tiri tiritá

Os nenos e nenas de 1º cantamos no Festival a canción "Tiri tiri tiritá". Se queredes vela, premede na imaxe do vídeo. Esperamos que o disfrutedes:

 

 

Concurso de carteis

Os nenos de 1º Ciclo participamos nun concurso de pintura de nivel nacional. O tema ten que ver coa vida do campo e a horta. Un tema que nos gusta moito xa que ten que ver co contexto que rodea ó noso colexio. As bases indicaban que tiña que podíamos empregar calquera técnica, exceptuando pinturas de cores e rotuladores.

Aquí vemos os nenos de primeiro realizando os cadros con témperas. Aprendimos a empregar as tres cores básicas para sacar as cores que precisábamos. Tame vimos como tiñámos que organizar o espazo nunha pintura paisaxística.

 

nenos de primeiro pintando o redor dunha mesa

 

Os resultados foron moi variados como podedes apreciar nesta pequena mostra dos nenos e nenas de segundo.

Aquí vemos unha paisaxe moi rural: a granxa, a horta e un tractor con raño e todo, moi chulo.

Aquí vemos un compañeiro que mostra un pasixe moi colorido. De fondo está o mural da horta na que vemos todas hortalizas que máis nos gustan.

Esperamos a ver se nos toca un dos premios. Aínda que xa foi premio suficiente o ben que o pasamos pintando na clase.

Celebramos o Samaín e o Magosto

Os nenos e nenas de 1º Ciclo, xunto con todo o colexio, o Samaín e o Magosto. Aproveitamos o día para vestirnos de maneira axeitada para a ocasión como podedes apreciar.

 

Estes son uns vampiros de primeiro, daban moito medo, pero os de segundo, tamen producían auténticos arrepios.

O longo do día fixemos diferentes actividades nas aulas e no colexío. Participamos nunha "Aula do Medo" preparada para a ocasión. Levamos as cabazas para participar nun concurso.

Tamén fixemos unhas fotos moi chulas nun mural terrorífico.

Por último fomos comer castañas que aínda que estaban duras, sacamos os cairos para roelas ben.

Se queredes ver máis fotos podedes visitar o albúm creado para ocasión, na Galería.

Comenzamos con informática

Os nenos e nenas de 1º C empezamos na aula de informática no mes de outubro. Os venres, na primeira sesión da tarde, acudimos a Aula de Informática do centro. O primeiro día aprendimos as partes dos ordenadores e como encendelos e apagalos

 

nenos de primeiro en equipos

Xa nas seguintes sesións fomos o escritorio virtual da nosa aula: Aula Aberta. Ahí temos colgados diferentes enlaces, vídeos e arquivos que nos axudan a completar os contidos que vemos na aula.

Dende o principio estamos a aprender a usar o teclado pero con moita paciencia, porque é bien díficil.

 

Pouquiño a pouco imos aprendendo. O pasado venres realizamos unha pequena competición de sumas cos dados da páxina ¡Así calculamos en mi cole!. Foi moi divertido e aprendemos a sumar máis rápido. 

 

O comezo de curso iremos un día a semana. Máis adiante aumentaremos a sesión a dúas. Porque o pasamos moi ben e aprendemos moito.

Distribuir contido


by Dr. Radut