visita autores

Visita de Pere Tobaruela.

O mércores 16 de marzo,  visitou o colexio o escritor Pere Tobaruela. O nenos e nenas de quinto A e B de educación primaria, desfrutaron dunha fructuosa e interesante charla. Poideron coñecer e intercambiar opinións sobre os diferentes libros do autor, especialmente o lido polo alumnado: "Formigas, Misión camiño de Santiago". Unha lectura que serviu para ampliar os coñecementos que abordamos neste curso, dentro do Proxecto de centro "Tilandra no camiño".

 

VISITA DE LEDICIA COSTAS

A escritora Ledicia Costas, visitou esta semana o colexio dos Tilos. Presentou ao alumnado de terceiro de ed. primaria, a colección dos "Minimortos". Conversou con eles e contestou a súas preguntas acerca do libro "Escola de salvaxes". Ledicia dedícase dende moi nova a creación literaria. Este ano colabora coa RAG, na páxina infantil Primavera das Letras adicada este 2022 ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.

 

VISITA DE SUSANA ILLERA MARTÍNEZ

O alumnado de terceiro recibiu entusiamado a visita da escritora Susana Illera Martínez. O equipo editorial de Disney, seleccionou á Susana para escribir unha adaptación da película "Encanto" para o público infantil. Así naceu o libro bilingüe "El don de una familia/ The gift of family". No 2020 foi galardoada polo seu primeiro libro infantil ‘Lala, a Different Kind of Lizard’nos International Latino Books Awards

Conferencia virtual con Ledicia Costas. (Semana do Libro)

Co gallo da celebración da Semana do Libro, o alumnado de quinto recibiu a visita da autora Ledicia Costas. Por mor da pandemia este enconcontro mudouse ao ámbito dixital. Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de entrevistarse coa escritora a través dunha conferencia virtual. Entre moitos temas que abordaron, destaca o intercambio de reflexións sobre o libro "Vampira de biblioteca".

Grazas Ledicia!

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ

Hoxe visitounos o autor Iago López que nos contou o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Disfrutamos moitísimo desta actividade, e a Iago gustoulle o noso cartel do Día do Libro, será polo guapo que sae o cociñeiro Martiño.

Se seleccionas a imaxe para ver todas as fotos da xornada.

 

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O alumnado de sexto de primaria participou no Obradoiro de Regueifas, en colaboración co Concello de Teo. Actividade impartida por dúas regueifeiras:

Alba María: cantora, compositora e regueifeira galega. Alén de realizar actuacións e ofrecer obradoiros, vaise asentando no eido da improvisación, sendo unha das poucas voces femininas e introducindo novos temas como o discurso de xénero na arte da regueifa. No 2017 publicou o seu primeiro libro Regueifa en Bergantiños.

Sara Marchena: titulada en Lingua e Literatura Galegas, comezou a súa relación coa regueifa da man de Pinto de Herbón e Caruncho. Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do galego.

Grazas polo voso traballo !

 

 

 

OBRADOIRO LITERARIO

O 22 de marzo visitounos o escritor Paco Martín e, despois de que el nos contase o seu conto "Un robot pequeno", nós fixemos de escritores e ilustradores e inventamos as nosas historias como poderedes ver se ides á galería de fotos.

Velaquí tedes unha mostra.