Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2022/2023

Posted in

 O prazo para presentar as solicitudes de participación no fondo solidario de libros de texto, e axudas para adquirir libros de texto e material escolar, remata o 22 de xuño.

 

fIN DE CURSO

Para rematar o curso, no colexio realizamos distintas actividades:

-En relación ao proxecto deste curso "Tilandra no Camiño", tivemos unha visita dun músico que nos introduciu na música do Camiño. A  través das súas pezas musicais, o alumnado familiarizouse cun instrumento medieval: a zanfona; e con historias contadas oralmente, que viaxaban a través das cantigas  da època.

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

Posted in

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

CALENDARIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

Desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

VACACIÓNS ESCOLARES

Nadal: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.
Entroido: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.
Semana Santa: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

DÍAS NON LECTIVOS

Festas de ámbito estatal.

Festivos así declarados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

 

Ademais dos anteriores establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo e que no curso 2022/23 se celebrará o 31 de outubro de 2022

 

CALENDARIO

Letras galegas 2022

Cada 17 de maio, conmemoramos O Día das Letras Galegas. Este ano adícase a Florencio Delgado Gurriarán. Poeta que naceu en Córgomo, no concello de Vilamartín de Valdeorras, provincia de Ourense. Polo traballo do seu pai viaxou pola xeografía española, pero sempre que podía voltaba a súa aldea. Despois da Guerra Civil Española. exiliouse en México, país onde desenvolveu unha intensa actividade en prol da cultura e lingua galega.

Ao longo do mes de maio, realizaremos distintas actividades para homenaxear ao autor das nosas letras.

 

BAILE DAS LETRAS

Ao longo do mes de maio, e coa axuda da mestra de Educación  Musical, os nenos e nenas do colexio dos Tilos, prepararon unha coreografía dunha canción das Tanxugueiras.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2022/2023

ORDE DA CONVOCATORIA

 PRAZO:

 19/05/2022 - 22/06/2022

 

DESTINATARIOS:

- Alumnado de 1º e 2º Primaria: Axudas para adquisición de libros.

-Alumnado de 3º e 4º Primaria: Beneficiario do Fondo Solidario.

REQUISITOS:

       Renda per cápita familiar inferior ou igual a 10.000 €.

 

- Alumnado de Primaria: Axudas para adquirir material escolar.

REQUISITOS:

      Renda per cápita familiar inferior ou igual a 6000€.

      Ou discapacidade igual ou superior ao 65%. 

      Ou garda/tutela pola Xunta de Galicia. 

 

O alumnado que vaia cursar  5º e 6º de educación primaria no 2022-2023, está incluído no programa E-Dixgal, polo que non pode solicitar a axuda  para libros de texto, pero sí pode solicitar a axuda para material escolar.

 

FORMULARIO SOLICITUDE: AQUÍ

IMPORTANTE:

O anexo II da solicitude debe ser asinado por TODOS os membros da unidade familiar, agás o solicitante.No caso de menores de idade, este documento deberá ser asinado por un dos proxenitores, titor/a ou representante legal.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica:

A través da aplicación FONDOLIBROS

En SEDE ELECTRÓNICA


Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

Horario de presentación no centro: de 9:30 a 11:30 e de 12:30 a 13:30 horas.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Solicitude (anexo I e anexo II debidamente asinados)

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais, poderase aceptar:

- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
 
Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2020, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

NO CENTRO NON SE FAN FOTOCOPIAS.

TODA A INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA AQUÍ

 

RAP DAS EMOCIÓNS

O alumnado de 4º de Ed. Primaria, participou na creación e interpretación dun rap sobre as emocións primarias: ledicia, tristeza, noxo, medo, ira e sorpresa. Dende o CEIP Plurilingüe Os Tilos, non queriamos deixar pasar a oportunidade de introducir conceptos tan importantes como son as emocións e a educación emocional, tan presentes no desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

VISITA DE TONHO ALVES. GUÍA OFICIAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

"NO TODOS PUEDEN CAMINARLO, PERO NADIE QUE LO CAMINE PODRÁ OLVIDARLO",

Este é o lema de Tonho Alves, Guía Oficial do Camiño de Santiago que o día 3 de maio veu a visitarnos ao colexio para achegarlles a súa paixón como peregrino a todo@s os alumn@s dende infantil a primaria.

Tonho fixo do Camiño o seu estilo de vida, por iso quixo transmitir e compartir con tod@s nós ese sentir peregrino.

"Quen non o viviu non pode ensinar a percorrelo"

Visita Paco Barreiro

O venres 29 de abril, visitounos o escritor Paco Barreiro, autor de  "O Pirata Ataripo". O alumnado de cuarto desfrutou dunha charla moi amena e participativa.

OBRADOIRO MUNDO BICHOS

Ao longo da semana, visitaron o colexio uns seres pequerechiños que nos sorprenderon. Poidemos tocar: tarántulas, alacráns, insectos pao, insectos folla, vacalouras...Miguel Santamaría, entomólogo santiagués, acercou ao alumnado do colexio ao mundo dos invertebrados. Velaquí tedes unhas imaxes divertidas sobre o acontecido.

 

Distribuir contido