Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

Obradoiro consumo responsable polo Nadal.

A escola galega de consumo, o luns 29 impartiu no colexio un obradoiro onde se abordaron temas  sobre a información das etiquetas, as follas de reclamacións, a publicidade dos agasallos...

Os obxectivos deste obradoiro foron promover a reflexión sobre os hábitos de consumo nestas datas e fomentar o consumo responsable.

Velaquí tedes o acontecido. Preme na imaxe.

InfoNadal IGC

Obradoiro de Regueifas

O pasado 25 de novembro, a rapazada de 6º  tivemos a gran sorte de recibir a visita das regueifeiras Lupe Branco e Cristian de Burela,  dentro do programa “Enreguéifate” do que formamos parte. E dende o primeiro momento, non houbo tempo ao aburrimento porque a regueifa invadiu cada recuncho da nosa Biblioteca. Primeiro, coas súas coplas, leváronnos da man a través da historia deste xénero de tradición  oral e das súas características para despois, converternos en regueifeiros, elaborando as nosas rimas, botando “bombas” e regueifando sobre o escenario. Agora, xa só nos resta deixar voar a imaxinación. Grazas pola vosa visita!

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Na nosa escola sabemos da importancia de educar na loita contra a violencia. Por iso, como cada 25 de novembro, recordamos que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

CORRE CORRE CABACIÑA

Os nenos e nenas de terceiro de Ed. Primaria, dentro da actividade "Contos de outono", prepararon un conto teatralizado do libro "Corre, corre cabaciña". Ao resto do alumnado do colexio encantoulles, desfrutaron duns minutos moi divertidos. 

 

CONCURSO A CASTAÑA MONSTRUOSA

O outono está chegando ao seu termo e cada ano,  arredor destas datas celebramos o Concurso da Castaña Monstruosa.  A premisa deste curso foi o PDI: Diferentemente iguais. Cada aula presentou a súa castaña ao concurso e o alumnado votou a que máis lle gustou.

MAGOSTO 2022

O pasado xoves, 10 de novembro celebramos o magosto no colexio. Comezamos cunha xornada de xogos: zancos, rá, a pita cega, aros, bolos, carreiras con castañas...O alumnado de sexto colaboraron como monitores e as distintas aulas rotaban nos xogos. Foi un día de diversión para os nenos e as nenas do centro. Para rematar o día, degustamos unhas ricas castañas asadas (actividade en colaboración coa ANPA).

Velaquí tedes o acontecido, preme na seguinte imaxe.

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO. Navegando polo universo

O alumnado de terceiro e quinto  de Ed. Primaria,  descubriron o apaixonado mundo da Astronomía, nunha viaxe polo espazo dentro dun planetario de derradeira xeración, instalado no colexio. Dentro do programa cultural Ruta Quetzal, creado polo periodista e aventureiro Miguel de la Cuadra Salcedo. atopamos un proxecto docente motivador e cautivador,  adicado á divulgación científica. Esta actividade, despertou nos nenos e nenas a curiosidade por coñecer máis sobre os temas relacionados co Universo.

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO. VISITA DE POTY AMBIENTURAS

O pasado xoves,3 de novembro, tivemos o privilexio de contar cunha visita moi especial, a do enxeñeiro forestal Diego de Vallejo, máis coñecido por ser tamén o  youtuber Poty Ambienturas. A través da súa canle, achega ás nenas e nenos moitos coñecementos sobre a fauna, a flora e o medio ambiente. Da súa man, o alumnado dos Tilos puido aprender, entre outras cousas, a diferenciar serpes velenosas de outras que non o son, que bioindicadores nos axudan a saber se a auga é potable ou incluso a camuflarse no monte. Moitas grazas Poty e volve cando queiras!

CONTOS DE OUTONO

Benvido outono!

No CEIP Plurilingüe Os Tilos, recibímoste con contos teatralizados polos alumn@s de quinto e sexto de primaria. O obxectivo principal desta actividade e fomentar a lectura e a creatividade do alumnado. Formaron grupos, elexiron conto e mans a traballar .

SAMAÍN 2022-DIFERENTEMENTE IGUAIS

Un curso máis, celebramos o Samaín no colexio. Decoramos as portas, os corredores e a biblioteca, con estraños e  horripilantes hóspedes:  morcegos, esqueletos, bruxas, arañas ...Asemade desfrutamos dos contos terroríficos que prepararon os alumnos/as de quinto e sexto de Educación Primaria. Os nenos e nenas,  o venres 28 de outubro, disfrazáronse de personaxes propios e característicos desta festividade.

Distribuir contido