PDI: Tilandra no camiño

DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE DOWN. SOMOS ÚNICOS E DIFERENTES

En decembro do ano 2011, a ONU sinalou o 21 de marzo como Día Internacional da Síndrome de Down. Con esta celebración, trátase de xerar unha maior conciencia pública sobre a cuestión. Lembrar a dignidade e valía que aportan á sociedade. Para conmemorar esta data, os nenos e nenas de cuarto curso de educación primaria, construíron un cartaz. No día de hoxe, asistiron ao colexio cos calcetíns de distinta cor. Amosamos unha mostra do acontecido.

 

 

POESÍA NO CAMIÑO. 21 DE MARZO

Para celebrar o Día da Poesía, compartimos con vós, versos, estrofas e poemas que forman parte da literatura galega. Coa actividade "Poesía no camiño", relacionamos a literatura poética co PDI "Tilandra no camiño". Propuxémoslle ao alumnado, que investigaran sobre poemas que nos falen do camiño. Para a presentación da poesía, eliximos un elemento de suma importancia a hora de abordar as diferentes etapas da peregrinación:AS BOTAS!!! As botas mitigan o cansanzo do corpo; a poesía fomenta o pensamento libre e crítico, a sensibilidade da alma emerxe e acrecenta a paz interior. Paz que tanto necesitamos neste intre.

 

SEMANA DA PRENSA

Do 7 ao 11 de marzo é a data fixada como "A semana da Prensa", aínda que ao longo de todo o curso, traballamos con diferentes recursos para integrar aos medios de comunicación na aulas. Nas distintas áreas lingüísticas,  o alumnado elabora noticias, analiza novas que aparecen na prensa relacionados con distintos temas, prepáranse preguntas para unha entrevista, recompílanse novas para elaborar un mural... Imos a reflectir nesta páxina algúns dos traballos realizados para a conmemoración.

-O alumnado de quinto realizou unha entrevista a Pere Tobaruel e exerceron o labor de maquetar coma se fose un xornal.

Visita de Pere Tobaruela.

O mércores 16 de marzo,  visitou o colexio o escritor Pere Tobaruela. O nenos e nenas de quinto A e B de educación primaria, desfrutaron dunha fructuosa e interesante charla. Poideron coñecer e intercambiar opinións sobre os diferentes libros do autor, especialmente o lido polo alumnado: "Formigas, Misión camiño de Santiago". Unha lectura que serviu para ampliar os coñecementos que abordamos neste curso, dentro do Proxecto de centro "Tilandra no camiño".

 

XUNTAS NO MESMO CAMIÑO

Co gallo do Día Internacional da Muller 2022, dende os equipos do centro, promovemos distintas actividades co obxectivo de lograr a igualdade entre os xéneros, igualdade efectiva para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible.

Actividades:

En relación ao Proxecto: "Tilandra no camiño", o alumnado de cuarto de Educación Primaria, realizou un traballo de investigación, sobre unhas mulleres emblemáticas na cidade de Santiago de Compostela: As Marías da Alameda. Elaboraron un cartaz e para rematar gravaron un audio explicativo sobre elas.

ENTROIDO NO CAMIÑO

Como cada ano, chega o Entroido ao colexio dos Tilos.

Os nenos e nenas preparan os seus disfraces . Ataviados con chapeus, capas e caxatos , corren o Entroido como peregrinos do Camiño.

Cunhas rosquillas e unhas orelliñas adozamos estes días de troula que tanto precisamos.

Se premes na imaxe unha sorpresa atoparás.

 

SEMENTADE PENSAMENTOS-Rosalía 2022

Un curso máis, para festexar o aniversario do nacemento de Rosalía, sumámonos ás actividades que a asociación de escritores en lingua galega propón. Para a edición de 2022 o lema elixido é #Sementade Pensamentos

 As actividades realizadas nas aulas son as seguintes:

 -Elaboración de pensamentos -con versos da autora -transcritos.

 -Gravación dos versos seleccionados.

 -Murais: Sementade Pensamentos.

MANDATOS DE TILANDRA 2022

 Preparádevos que O Entroido está preto!

Tilandra cabilou e cabilou e os mandatos elaborou.

 (Semana do 21 ao 25 de febreiro )

 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro foi declarado pola ONU, como O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Dende o colexio tratamos de desarrollar actividades que aporten visibilidade ao traballo das mulleres que se adican e adicaron ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics). Con tal motivo e coa colaboración dos dintintos equipos do centro, o alumnado  desfrutou das seguintes actividades:

-Selección de lecturas

 

 

DÍA DA PAZ 2022

Coa celebración do Día Escolar da Non -Violencia e a Paz, queremos promover entre o noso alumnado os ideais de Paz para avanzar cara unha sociedade máis xusta e construir un futuro mellor.

Comecemos sendo cordiais entre todos nós: dar os bos días ás persoas coas que nos cruzamos, regalar sorrisos en vez de malas caras ou ensinar a dar as grazas son pequenos xestos que favorecen a convivencia e a resolución de conflictos.

Powered by Drupal - Design by artinet