Maio 2018

ENQUISA ALUMNADO 2018-2019

A vosa opinión é moi importante. Cubre esta enquisa e axúdanos a mellorar.

 

Tedes ata o 5 de xuño para responder.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Enquisa profesorado 2018/2019

Cubre a enquisa e axúdanos a mellorar!!

A vosa opinión é moi importante para nós.

 

Tedes ata o 5 de xuño para responder.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Enquisa para as familias 2018/2019

Contamos con vós para mellorar!! Dade a vosa opinión sobre o traballo relacionado coa Biblioteca Escolar. Teremos as vosas suxestións en conta!!

 

 

Tedes ata o 5 de xuño para responder.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Letras Galegas: o escritor Xosé Antonio Perozo descúbrenos a figura de Mª Victoria Moreno

Seguindo coas actividades dedicadas á autora Mª Victoria Moreno o día 25 de maio o alumnado de 6º de Primaria recibiu a visita do xornalista e escritor Xosé Antonio Perozo.

Xosé A. Perozo foi amigo da autora homenaxeada polo que a través das súas palabras e lembranzas poidemos descubrir moitas cousas sobre a vida desta autora.

 

 

 

O alumnado de 2º B expón os seus traballos sobre o Concello de Teo

Do 21 ao 24 de maio, na biblioteca do cole, tivo lugar a exposición dos traballos realizados polo alumnado de 2º B de Primaria sobre o Concello de Teo. O alumnado, repartidos en grupos de 4 nenas e nenos, encargáronse de estudar dúas ou tres parroquias do Concello.

Estes traballos fixéronse nas casas coa colaboración das familias. Unha vez rematados cada grupo amosoulle aos seus compañeiros e compañeiras o libro que fixeron e expuxéronlles a información recollida.

Moitas grazas ás familias pola colaboración e por ensinarnos tantas cousas sobre as parroquias do noso Concello.

 

Visita de Iago López

O martes, 8 de maio, o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria recibiron a visita de Iago López. A animación lectora estivo relacionada co libro "E conto, ti cantas" de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas.

CONVIVENCIAS NO CEIP OS TILOS

O pasado día 3 de maio recibimos aos compañeiros/as de Calo e A Ramallosa para celebrar a terceira xornada de convivencias escolares deste curso. A xornada desenvolveuse nas pistas do parque de Os Tilos, na pista do patio de recreo do colexio e no ximnasio. Realizamos diferentes actividades deportivas: voleibol, fútbol, baloncesto e brilé. Os alumnos/as disfrutaron doutra xornada lúdica que se vai completar no mes de xuño coa acampada . Pincha na imaxe pare ver fotografías deste día.

Obradoiro de poesía: "Construímos versos"

Durante os días 11 e 27 de abril o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participaron no obradoiro de poesía: "Construímos versos" coa autora teense Claudia Castro, gañadora do:

  • I Premio Duck Fin de poesía (2003)
  • 2º Premio no VI certame de Poesía Mariño (2017)
  • Premio de poesía Ardeiro (2017).
poesia1 poesia2 poesia3
 poesia4  poesia5  poesia6

 

Día do Libro

O luns, día 23 de abril, celebramos o Día do Libro. Nesta ocasión, para a elaboración do cartaz conmemorativo desa data, contamos coa colaboración do escritor Xosé Antonio Perozo que nos obsequiou cun fermoso microrrelato: "Cont(e)o".

cartaz_libro

Durante esta xornada levamos a cabo a actividade de "apadriñamento de lectores": "Lectura na carballeira".

libro1 libro2

Asemade ao long de toda a semana o alumnado foi dando a coñecer o nome do seu libro favorito.

Powered by Drupal - Design by artinet