Ed. musical

VISITA DE MONDRA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, realizamos distintas actividades no centro.

Unha delas é a visita dun cantante que comeza a despuntar na nosa terra. Martín Mondragón, coñecido musicalmente como Mondra é un artista teense, que o pasado mércores recibiu o premio Martín Códax na categoría Electrónica. Nova estrela do trad, un xénero que se inspira na música tradicional galega e a converte nun son actual. Os nenos e as nenas de quinto e sexto de primaria, bailaron ao carón da súa voz acompañado da pandeireta. Compartiron con Mondra, as curiosidades polo mundo da música e a súa traxectoria. Un encontro moi interesante para que o alumnado, entenda a importancia de visibilizar a nosa música e a nosa cultura.

SAÍDA AO TEATRO PRINCIPAL

O alumnado de cuarto de educación primaria, saíu ao Teatro Principal para ver a representación: "Wombo Combo".

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Cada 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Paz e non Violencia. Este día, ten como obxectivo fomentar a educación na tolerancia, na solidaridade, na concordia, no respecto aos dereitos humanos...Valores que inculcamos a diario no alumando do colexio. Este 2024 para celebralo, decoramos pombas nas aulas; cantamos e bailamos a canción de Paco Nogueiras "Móvete". Asemade na biblioteca elaboramos un mural. O martes 30, gravamos ás diferentes aulas e xuntámonos todos no patio, para compartir entre todos e todas este Día. 

Velaquí tedes o resultado.

 

25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis no colexio dos Tilos, atendemos ao chamamento das Nacións Unidas para conmemorar o 25-N como Día Internacional contra a violencia de xénero. O alumnado ao longo do mes de novembro, preparou a canción de Guadi Galego chamada "Matriarcas".  O obxectivo da actividade é, que a través da música e da letra desta canción, as nenas e os nenos dende idades temperás, tomen en consideración a importancia de loitar pola igualdade e a liberdade de todas as mulleres do mundo. 

 
 
 
O martes 22, visitounnos a caravana lila do Concello de Teo. O alumnado do centro, participou en distintas actividades destinadas a concienciar sobre a igualdade. Agasallaron aos nenos e as nenas participantes cunha pulseira lila.
 

RAP 25-N

As nenas e os nenos de quinto de educación primaria, compuxeron un rap en favor da loita en contra da violencia de xénero.

Powered by Drupal - Design by artinet