DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. VISITA DA CIENTÍFICA CRISTINA SÁNCHEZ SIXTO

Cada 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Unha data proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para xuntar esforzos co obxectivo de alcanzar o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e as nenas nos ámbitos científicos. Con esta efemérides, tratamos de visibilizar o traballo de mulleres que desenvolven as súas carreiras nas áreas coñecidas como STEM: ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. Dende o colexio queremos unirnos a este día con diversas actividades.

-Alumnas de sexto investigaron e prepararon traballos sobre mulleres científicas.

-Tivemos a sorte de contar coa visita de Cristina Sánchez que compartiu connosco as súa traxectoria como muller científica. Explicou ao alumnado de sexto,  que estudos son os máis recomendables para ser científica de profesión. Tamén abordou a importancia do método científico. Destacou o labor dalgunhas mulleres que ao longo da historia dedicaron a súa vida á investigación. E para finalizar respondeu a moitas preguntas que os nen@s  de sexto estaban desexando atopar as respostas.

-De seguido acompañounos a Tilandra nas ondas onde moi amablemente colaborou coa entrevista que Julia, Ángel e Mencia tiñan preparada. Cristina é nai duns alumn@s do colexio e aceptou cordialmente a nosa invitación. Grazas por compartir con nós o teu tempo e a túa experiencia no mundo da ciencia!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet