Día do libro

Hoxe luns 25 de abril, celebramos no colexio O Día do libro. Programamos distintas actividades para o alumnado nesta semana. 

-Lectura na carballeira co apadriñamento de lectores.

Foi un día de encontro entre o alumnado maior do colexio e os pequerrechiños. Por fin de novo a lectura na carballeira co apadriñamento de lectores. O tempo acompañounos e o alumnado desfrutou dunha hora de lecer, compartindo a lectura cos máis cativos.

-Libros a voar.

Dende a Biblioteca do centro, levouse á cabo un expurgo de libros  e consideramos que un xeito de darles vida de novo é regalándollos aos nenos-as coincidindo co Día Internacional do Libro.  Ao longo da semana estableceuse un horario para cada curso no que o alumnado que quixera un libro entregou como troco un debuxo relacionado coa temática  do PDI “Tilandra no Camiño”.

Esta actividade tivo moi boa acollida polos nenos-as. 

 

-Minibooktoubers.

-Elaboración de contos.

Para O Día do libro o alumnado de primeiro, elaborou un libro colaborativo inventado por eles: "Verdiño e Lila" e "Sorpresa Barbacoa". Foi unha experiencia marabillosa e estaban moi emocionados. Esperamos que vos gusten tanto, como desfrutamos nós en facelo.

 

https://www.canva.com/design/DAE7dLZqj5A/V-IyDTOh_9aGUhswMweuZQ/view?utm_content=DAE7dLZqj5A&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=viewer

Powered by Drupal - Design by artinet