Curso 2022-2023
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 23-24
Enviado por admin o Lun, 22/05/2023 - 05:34Publicada a convocatoria que regula as solicitudes para o curso 2023-24 do:
- Fondo solidario de libros de texto (alumnado de 3º e 4º de EP).
- Axudas para adquirir libros de texto (alumnado de 1º e 2º de EP).
- Axudas para material escolar (alumnado de EP).
PRAZO DE SOLICITUDE:
Do 20/5/2023 ao 21/6/2023, incluídos.
MODALIDADE DE PRESENTACIÓN:
- Presencialmente no centro educativo.
- Vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) na sede da Xunta de Galicia.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
- Anexo I e II.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente.
De ser o caso:
- En caso de separación ou divorcio, deberá achegarse a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia.
- Outros.
FESTA DOS MAIOS
Enviado por admin o Sáb, 20/05/2023 - 06:45Deixamos un resumo da Festa dos Maios que vivimos no Sello e as coplas que compuxemos nos obradoiros de Lingua Galega para este día.
COPLAS DOS MAIOS
PONTE NAS ONDAS 22-23
Enviado por admin o Ven, 12/05/2023 - 19:00O 11 de maio tivemos a sorte de contar con Damián Alonso de Ponte nas Ondas o cal realizou un Obradoiro de Radio co noso alumnado.
Emprego do Audacity como programa de grabación, ténicas de modulación e proxección de voz. creación de guion, mesa de misturas... Unha mañá moi ben aproveitada. Deixámosvos aquí un resumo do día e o programa de radio elaborado.
INSTALACIÓN ARTÍSTICA: Á CARTA
Enviado por equipobiblio o Mér, 10/05/2023 - 13:13Continuando co PDI da Biblioteca Escolar deste ano: "Dende o Sello para o mundo" mostrámosvos a instalación artística deste 3º trimestre, a cal está baseada na carta.
Esperamos que vos guste. :)
CHARLA COGAMI
Enviado por equipobiblio o Dom, 07/05/2023 - 15:30O alumnado de 5º e 6º tivo esta semana unha charla impartida por COGAMI(Confederación Gallega de Personas con Discapacidad) sobre a sensiblización para concienciar sobre a diversidade que existe na sociedade.
Deixámosvos un pequeno video para que vexades un pouquiño do que fixeron.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »